Séguenos en:

O noso equipo

Marisa Castro

Directora Científica de MycoGalicia Plantae

Doutora en Ciencias Biolóxicas e Licenciada en Ciencias Biolóxicas (USC). É unha das cofundadoras de MycoGalicia Plantae e directora cientifica da empresa. Posúe unha amplia experiencia na coordinación de equipos, xestión de proxectos e elaboración de memorias I+D+i.

Tamen posúe unha ampla linea de investigación en micología: Sistemática, taxonomía, autoecoloxía, coroloxía y fenoloxía de macromicetos (Ascomycota, Basidiomycota y Mixomycota), conservación, produción e ordenación micolóxica forestal sustentable, educación ambiental e etnomicoloxía.

Consulta algunha das súas publicacións no noso blog

A outra cara do monte: aproveitamentos alternativos. Acto de Apertura.

Marisa Castro 2 febreiro 2020

Acto de apertura das xornadas «A outra cara do monte». Na mesa: Jesus Miguez, Decano da Facultade de Bioloxía, Belén Rubio, Vicerreitora de Investigación e Marisa Castro, Directora do Laboratorio de Micoloxía da Universidade de Vigo e Directora Científica de MycoGalicia Plantae.

O inverno é época de trufas

Marisa Castro 9 xaneiro 2020

As trufas son cogomelos do xénero Tuber, que pertence á familia Tuberaceae, dentro do filo dos ascomicetos. Producen, en ascos esféricos, entre 2 e 4 esporas redondas e recubertas por un retículo externo. Son frutificacións case esféricas, en xeral, cubertas externamente por numerosas verrugas piramidais e co interior marmóreo, con vetas de cores algo diferentes ao resto de trama, por exemplo na …

Intoxicacións

Marisa Castro 14 novembro 2019

Continuamos unha semana máis na nosa sección Micoloxía nas ondas do programa Día a Día de Radio Municipal de Tui. María Cabaleiro cede hoxe a súa sección de Micoloxía á profesora e directora do Laboratorio de Micoloxía da Universidade de Vigo e, membro de MycoGalicia Pantae, Marisa Castro. Falamos de cogomelos tóxicos.