MycoGalicia Plantae Produtos Contacto
Aviso legal

En cumprimento do disposto no art. 10 da Lei 34/2002 do 11 de xullo de Servizos da Sociedade da Información, dáse a coñecer a seguinte Información Xeral:

Que os dominios http://www.mycogalicia.es e http://www.mycogalicia.com son titularidade MycoGalicia Plantae, S.L., con domicilio social en Rúa Toledo, número 40, 2º, 36205, Vigo (Pontevedra) con CIF B27850486, en diante O TITULAR.

Pode contactar co TITULAR por calquera dos seguintes medios: Teléfono: 886689750, Correo electrónico: info@mycogalicia.es

Condicións de uso:

I.- Usuarios

As presentes condicións teñen por finalidade regular o uso da páxina web do TITULAR que pon ao dispor do público.

O acceso e/ou uso do sitio web http://www.mycogalicia.es e http://www.mycogalicia.com atribúe a quen o realiza a condición de USUARIO que acepta, desde o devandito acceso, as condicións de uso aquí reflectidas.

II.- Uso do portal

O USUARIO acepta que o acceso e uso do sitio web e dos contidos incluídos na mesma ten lugar libre e conscientemente, baixo a súa exclusiva responsabilidade, e en consecuencia comprométese a:

  • Non empregar o sitio web para incorrer en actividades ilícitas, ilegais ou contrarias á boa fe e á orde pública.
  • Non difundir contidos ou propaganda racista, xenófoba, pornográfico-ilegal, de apoloxía do terrorismo ou atentatoria contra os dereitos humanos.
  • Calquera intento de obter os contidos do sitio web por calquera medio distinto dos que se poñan ao dispor do USUARIO así como dos que habitualmente se empreguen na rede, sempre que non causen prexuízo algún á web.
  • Non provocar danos nos sistemas físicos e lóxicos asociados a este sitio web e non introducir ou difundir na rede virus informáticos ou calquera outros sistemas físicos ou lóxicos que sexan susceptibles de provocar os danos anteriormente mencionados.

O TITULAR resérvase o dereito de efectuar, en calquera momento e sen aviso previo, cantas modificacións, supresións ou cancelacións nos contidos e na forma de presentación dos mesmos considere necesarias, xa sexa de forma temporal ou definitiva, debendo asegurarse o USUARIO de empregar en cada momento a versión actualizada. Esta facultade non outorga ao USUARIO ningún dereito para percibir indemnización por danos ou prexuízos. A modificación, transformación ou utilización con fins comerciais dos contidos do sitio web sen consentimento escrito do autor queda terminantemente prohibida.

III.- Hiperenlaces

O TITULAR non asume ningunha responsabilidade nin realiza ningún control sobre os posibles hipervínculos que conteña o sitio web a contidos externos á mesma; con todo, retirará aquelas ligazóns que inclúan contidos ilícitos tan pronto como poida coñecelo.

IV.- Duración

A vixencia das presentes condicións irá en función da súa exposición e estarán vixentes ata que sexan modificadas por outras debidamente publicadas.

VI.- Politica de privacidade

VII.- Politica de Cookies

VIII.- Lexislación aplicable e xurisdición

O TITULAR perseguirá o incumprimento das presentes condicións así como calquera utilización indebida do seu portal exercendo todas as accións civís e penais que lle poidan corresponder en dereito.

A relación entre O TITULAR e O USUARIO rexerase pola normativa española vixente. Todas as disputas e reclamacións derivadas deste aviso legal resolveranse polos xulgados e tribunais españois.

Versión: 27 de Maio de 2019

Politica de protección de datos persoais

1. Quen é o Responsable do tratamento dos seus datos?

Identidade: MycoGalicia Plantae S.L. - CIF: B27850486 (en diante, o TITULAR)

Direción postal: Rúa Toledo, número 40, 2º - 36205 - Vigo (Pontevedra)

Teléfono: 886689750

Enderezo electrónico: info@mycogalicia.es

2. Con que finalidade tratamos os seus datos persoais?

En MycoGalicia Plantae S.L. tratamos a información que nos facilitan as persoas interesadas cos seguintes fins:

a) Levar a cabo a prestación dos servizos contratados.

b) Contactar e dar resposta á petición realizada por parte do USUARIO mediante calquer método de comunicación que empregue o TITULAR.

c) Xestionar o envío de comunicacións comerciais sobre produtos, servizos ou eventos de MycoGalicia Plantae S.L.

Co fin de poder ofrecerlle produtos e servizos de acordo cos seus intereses e mellorar a súa experiencia de usuario, elaboraremos un “perfil comercial”, en base á información facilitada. Non se tomarán decisións automatizadas en base ao devandito perfil.

3. Por canto tempo conservaremos os seus datos?

Os datos persoais proporcionados conservaranse mentres non se solicite a súa supresión polo interesado durante un prazo de 4 anos a partir da última confirmación de interese.

4. Cal é a lexitimación para o tratamento dos seus datos?

A base da lexitimación do tratamento de Datos Persoais será a que resulte da relación contractual, da relación laboral ou de calquera outra que se requira para o tratamento de datos, tales como o consentimento expreso.

5. A que destinatarios se lles comunicaran os seus datos?

En ocasións, para a recepción e almacenaxe de información cos fins indicados no apartado 3c da presente Politica de protección de datos persoais o TITULAR podera empregar os sevizos de Google mediante formularios de subscripción. Neste caso indicarase nos formularios que Google e o destinatario da almacenaxe dando pleno acceso ás condicións de privacidade de Google (https://policies.google.com/privacy?hl=es).

Non haberá cesión, transmisión ou transferencia de datos persoais, salvo ás xa informadas, que non sexan como consecuencia dunha obrigación legal. Se por requirimento da Administración Pública ou das Institucións Autonómicas no ámbito das funcións que a lei lles atribúa expresamente, solicítansenos os seus datos, estes serán transmitidos.

6. Cales son os seus dereitos cando nos facilita os seus datos?

Dereito a revogar calquera consentimento prestado previamente.

Dereito de acceso: Coñecer que tipo de datos están a tratarse e as características do tratamento que leva a cabo.

Dereito de rectificación: Poder solicitar a modificación dos datos que sexan inexactos ou non veraces

Dereito de portabilidad: Poder obter unha copia en formato interoperable dos datos que estean a ser tratados.

Dereito á limitación do tratamento nos casos que considere que non é necesario.

Dereito de cancelación: Solicitar o cesamento do tratamento dos datos e a súa supresión cando xa non sexa necesaria a súa conservación.

Se outorgou o seu consentimento para algunha finalidade concreta, ten dereito a retirar o consentimento outorgado en calquera momento, sen que iso afecte á licitud do tratamento baseado no consentimento previo á súa retirada. Para iso poderá empregar os formularios habilitados pola empresa, ou ben dirixir un escrito a Empresa: MycoGalicia Plantae S.L. - CIF: B27850486, Direción postal: Rúa Toledo, número 40, 2º - 36205 - Vigo (Pontevedra), tamén pode enviar un email a: info@mycogalicia.es

No caso de que senta vulnerados os seus dereitos no concernente á protección dos seus datos persoais, especialmente cando non obtivese satisfacción no exercicio dos seus dereitos, pode presentar unha reclamación ante a Autoridade de Control en materia de Protección de Datos competente a través do seu sitio web: www.agpd.es.

En cumprimento do prevido no artigo 21 da Lei 34/2002 de servizos da sociedade da información e comercio electrónico, se vostede non desexa recibir máis información sobre os nosos servizos, pode darse de baixa na dirección de correo electrónico da entidade, indicando no asunto "Non enviar correos".

7. Como obtivemos os seus datos?

Os datos persoais tratados polo TITULAR proceden directamente de vostede:

As categorías de datos que se tratan son:

Datos de identificación

Códigos ou claves de identificación

Direccións postais ou electrónicas

Información comercial

Datos económicos

Non se tratan datos especialmente protexidos

Politica de cookies

De conformidade co establecido na Lei 34/2002 de Servizos da Sociedade da Información, informámoslle de que este sitio web utiliza cookies.

1. Que son as cookies?

As cookies son arquivos de texto que se descargan ao equipo terminal do usuario e que se gardan na memoria do seu navegador. Os datos contidos nas galletas poden ser analizados polo TITULAR para mellorar a usabilidade das webs e ofrecer unha información e uns servizos máis personalizados.

Os datos de navegación recuperados polas cookies son anónimos e non están asociados a ningunha persoa. O usuario poderá borrar ou desactivar as galletas desde a configuración dos navegadores.

2. Que tipos de cookies utiliza esta web?

O TITULAR emprega de maneira exclusiva cookies de terceiros para a análise do comportamento dos usuarios e envíanse ao terminal do usuario desde un equipo ou dominio non xestionado nin controlado polo TITULAR. Estas cookies poden recoller datos mentres o usuario navega pola web e caducan ou se borran cando se pecha o navegador (cookies de sesión) ou caducar nun período longo ou medio de tempo (cookies persistentes).

3. Como se autoriza a este sitio web para o uso das cookies?

Ao navegar e continuar neste sitio web estará a consentir o uso das cookies nas condicións contidas na presente Política de Cookies. O TITULAR proporciona acceso a esta Política de cookies no momento do rexistro co obxectivo de que o usuario estea informado, e sen prexuízo de que este poida exercer o seu dereito para bloquear, eliminar e rexeitar o uso de cookies en todo momento.

4. Como se revogan ou eliminan as cookies?

A configuración do navegador pódese modificar para que rexeite todas as cookies ou para indicar cando se deben enviar. Con todo, pode ser que algunhas das funcións ou servizos do sitio web non funcionen correctamente sen as cookies. Vostede pode permitir ou eliminar as cookies instaladas no seu equipo mediante a configuración das opcións do navegador instalado no seu computador:

Google chrome

Safari

Mozilla firefox

5. Cales son as Cookies que emprega este sitio web?

_ga: Cookie analítica de terceiros empregada para rexistrar a identificación de usuarios. Caducidade: 2 anos.

_gat: Cookie analítica de terceiros empregada para analizar comportamentos de navegación. Caducidade: 10 minutos.

_gid: Cookie analítica de terceiros empregada para rexistrar a ID de usuario. Caducidade: 24 horas.

6. Cal é a duración desta política de cookies?

Periodicamente actualizamos a Política de Cookies dos sitios web de MycoGalicia Plantae S.L. Por iso, recomendámoslle revisar esta política cada vez que acceda a calquera de tales sitios co obxectivo de estar adecuadamente informado sobre como e para que usamos as cookies en cada momento.

Versión: 27 de Maio de 2019