Séguenos en:

A miña primeira guía micolóxica. Xogos e pasatempos

Autor Andrés Cordeiro | 19 outubro 2020

A miña primeira guía micolóxica. Xogos e pasatempos

Seguro que xa coñeces a nosa serie de libros A miña primeira guía micolóxica. Son unha ferramenta ideal para que os máis cativos desfruten coloreando ao mesmo tempo que aprenden máis sobre os cogomelos. Dándolle unha volta a estes libros de educación ambiental, pensamos que podería ser unha boa idea usalos como ferramenta didáctica para novos xogos e pasatempos cos que os máis cativos se puideran entreter aínda máis.

Desta idea nace A miña primeira guía micolóxica: xogos e pasatempos, unha páxina de facebook na que esperamos que todos os que desfrutastes deste conxunto de libros lle poidades sacar máis partido. Nela cada semana subimos unha serie de xogos e pasatempos que poden ser debuxados enriba nos dispositivos dixitais e tamén están deseñados para imprimilos e afastar das pantallas aos máis cativos.

Podedes atopar todas as respostas dos pasatempos nos diferentes exemplares de A miña primeira guía micolóxica. Aínda que se non tendes os libros non vos debedes preocupar, os xogos e pasatempos agrúpanse en tempadas de xeito que as respostas que non sexades capaces de alcanzar tamén a teredes noutros pasatempos da mesma serie.

Ademais acabamos de comezar unha serie vídeos na nosa canle de Youtube nos que resolvemos estes pasatempos e ensinámovos a todos os pais e educadores onde podedes atopar a solución nos diferentes exemplares. Esperamos que desfrutedes deste novo xeito de aprender máis sobre a natureza e o medio ambiente dende a nosa canle de YouTube.

Sen embargo nos recomendámosvos que nos sigades nesta nova páxina de facebook xa que desfrutaras de varios beneficios. Poderás acceder a todos os pasatempos en canto sexan publicados e incluso descargalos para poder resolvelos canto antes.

Ademais todos os vídeos que imos subir a nosa canle de Youtube resolvendo estes xogos, realizaranse en directo nesta páxina de facebook de maneira que podedes facernos todas as consultas sobre os contidos que imos resolvendo ou calquera outra dubida que vos xurda. Esperámoste!!!

Comparte esta publicación en redes sociais:

Suscríbete á nosa newsletter

Subscríbete ao noso boletin para saber de todas as actividades, os vídeos e as novidades do noso blog.