Séguenos en:

Perigos da apaña silvestre de cogomelos

Autor Andrés Cordeiro | 23 outubro 2020

Perigos da apaña silvestre de cogomelos

Continuamos as sesións en aberto do taller Mycokey Galicia falando sobre certos perigos que adoitan esquecerse cando se fala da apaña silvestre de cogomelos. Falaremos de alguns tipos de intoxicación que non temos en conta cando falamos dos cogomelos e tamén da importancia que teñen estes organismos no ecositema.

Ademais como en todas as nosas sesión resolveremos a ultima ficha que vos propuxemos e traeremos novas actividades para realizar.

Talleres Mycokey Galicia

Nestas sesións en aberto explicamos cal é a metodoloxía que se emprega para identificar cogomelos. Descubre máis acerca dos cogomelos e aprende a usar a nosa aplicación nosa aplicación Mycokey Galicia.

Recorda que podes descargar gratis un ebook 📚 para aproveitar ao máximo estes Talleres dende 👉 AQUÍ

Esta é a nosa forma de ofrecer contidos científicos en aberto para toda a poboación. Na nosa canle de Youtube poderás ver todas as sesión dos Talleres Mycokey Galicia que te perdiches. Presta atención ao noso blog e as nosas redes socias para saber cando realizaremos novas emisión en directo.

Podes consultar todos os videos do Taller Mycokey Galicia dende o seguinte enlace

Comparte esta publicación en redes sociais:

Suscríbete á nosa newsletter

Subscríbete ao noso boletin para saber de todas as actividades, os vídeos e as novidades do noso blog.