Séguenos en:

Libro de resumos A outra cara do monte: aproveitamentos alternativos

Autor Andrés Cordeiro | 1 decembro 2020

Libro de resumos A outra cara do monte: aproveitamentos alternativos

Fai algo máis de un ano realizamos un evento no que buscabamos poder compartir a relación da investigación científica co sector forestal galego. Durante dous días unimos a máis 70 persoas nun evento que buscaca vincular as universidades e os centros de investigación co traballo que se está a facer a pé de campo.

A primeira edición das xornadas «A Outra Cara do Monte»; centrouse nos aproveitamentos alternativos dos montes de Galicia traendo exemplos da man de entidades coma a CMVMC de Couso, a CMVMC de Teis, a Mancomunidade de Montes de Vigo, e as experiencias das cooperativas, da man de Amarelante SCG, ou das administracións coma o Concello de Allariz.

Así puidose mostrar e compartir con múltiples persoas, relacionadas de diferente xeito co monte galego, a diversidade de oportunidades e potencialidade que presenta a contorna galega.

Dende o Laboratorio de Micoloxía da Universidade de Vigo e MycoGalicia Plantae decidimos recoller todas as ponencias e actividades nun libro de resumos que será accesible para todos os interesados de maneira gratuita por tempo limitado.

Dende o martes 1 de Decembro de 2020 ata o xoves 10 de Decembro de 2020 poderás recibir no teu correo o libro de resumos deste evento sen ningún costo. So tes que inscribirte ao noso boletín dende a ligazón que te deixamos a continucaión. A partir do venres 11 de decembro de 2020 estará dispoñible na nosa tenda.

Comparte esta publicación en redes sociais:

Suscríbete á nosa newsletter

Subscríbete ao noso boletin para saber de todas as actividades, os vídeos e as novidades do noso blog.