Séguenos en:

Actividades

Hoxe no MycoGlosario: Hifas, Anel, Célula e Estipe

Continuamos a falar do MycoGlosario, que durante as ultimas semanas non puidestes ver nas redes pero que volvera con estes termos a semana que ven. Recordade que esta serie de publicacións a realizamos no grupo de Facebook Mycokey Galicia App antes que en ningunha outra rede social. Nesta ocasión trataremos os termos Hifas, Escama, Anel, Célula, Estipe e Píleo.

Seguir lendo


Volve un antigo proxecto: Cousas do Monte

Moitos xa tivestes a ocasión desfrutar de Cousas do Monte, un conxunto de viñetas realizadas para dar a coñecer anécdotas que suceden diariamente ao redor dos montes e da natureza. Os que coñecestes o proxecto Cousas do Monte o pasado mes de Marzo sabedes que intentamos de sacalo a través de micromecenado, lamentablemente non acadamos os obxectivos. Trátase de un libro que inclúe 12 viñetas centradas nos cogomelos e a nosa relación co medio, reeditadas e ampliadas con comentarios explicando cada unha das situacións que acontecen e como se relacionan coa nosa realidade.

Seguir lendo


A exposición dixital de cogomelos da Semana Micolóxica Galega

Como ben sabedes con motivo da XXXVIII Semana Micolóxica Galega que se celebrou nos últimos días dende MycoGalicia Plantae, en colaboración co Grupo Micolóxico Galego e o Laboratorio de Micoloxía da Universidade de Vigo queriamos facer chegar unha experiencia micolóxica completa, con charlas, mesas redondas, concursos e exposicións. O que moitos non sabiades era que tiñamos entre as mans un proxecto que nos gustaría que se convertese en algo que dure a largo prazo. Todos os anuncios que estean relacionados coas actividades do evento poderedes seguir consultandoos na sección de noticias que abrimos na páxina do evento, pero o que si vos queremos facer chegar é a situación na que se atopa exposición micolóxica dixital que agora ten indicios de convertese nunha exposición permantente, na que todo o mundo poida achegarse aos fungos macromicetos.

Seguir lendo


Os coutos micolóxicos

Descubre en profundidade cal a situación da normativa de apaña de cogomelos en Galicia. Aínda que xa vos comentamos moito acerca da apaña de cogomelos queremos darvos unha visión máis global. Nesta charla explicarémosvos a importancia da figura dos coutos micolóxicos e como se pode xestionar está figura na nosa comunidade. Tamén falaremos de proxectos de gran importancia na xestión do recurso micolóxico que demostraron o seu éxito no territorio nacional. Inscríbete para asistir en directo do próximo Venres 4 de Decembro ás 21:00h.

Seguir lendo


Cogomelos comestibles: 3 caracteres comúns

Durante as pasadas sesións dos Taller Mycokey Galicia falamos dalgúns falsos mitos que se empregan como regras xerais para describir os cogomelos comestibles. Tamén falamos das precaucións que hai que ter á hora identificar cogomelos ou de empregar ferramentas para a identificación de cogomelos. Pero para sorpresa de moitos nesta ocasión falaremos de 3 caracteres que deben posuír os cogomelos comestibles.

Seguir lendo


Axúdanos a mellorar o Taller Mycokey Galicia

En Mycogalicia Plantae temos un mal costume, cada certo tempo facemos enquisas aos participantes de todas as nosas actividades. Hai quen di que ás enquisas de avaliación non serven de nada xa que se adoitan cubrir para como un mero tramite máis. Por iso nos só facemos enquisas nas que vos podedes estender todo o que queirades. Loxicamente non pode faltar a pregunta típica para a análise de calidade pero creemos que o primeiro paso para mellorar e coñecer a vosa opinión, e non vos poñemos trabas.

Seguir lendo


Hoxe no MycoGlosario: Espora, Fungo, Himenio e Trama

Continuamos a falar do MycoGlosario, unha serie de publicacións que realizamos no grupo de Facebook Mycokey Galicia App e que veremos en máis profundidade durante algunha das sesións dos Talleres Mycokey Galicia. Nesta ocasión trataremos os termos Espora, Fungo, Himenio e Trama.

Seguir lendo


Ampliamos o prazo de inscrición ao obradoiro micoloxía na rede

O pasado mércores 28 de outrubro fixemos a primeira titoría e a presentación do Obradoiro Micoloxía na rede para todos os nosos Alumnos. Grazas ao apoio que tivo este obradoiro engadir novos contidos do mesmo. Tamén decidimos ampliar a inscrición ata o vindeiro Mércores 4 de novembro polo que se tiñas dubidas de como ia funcionar este obradoiro dixital neste video tomado da sesión de onte explicamos todo o funcionamento.

Seguir lendo


Perigos da apaña silvestre de cogomelos

Continuamos as sesións en aberto do taller Mycokey Galicia falando sobre os coutos micolóxicos certos perigos que adoitan esquecerse cando se fala da apaña silvestre de cogomelos. Falaremos de alguns tipos de intoxicación que non temos en conta cando falamos dos cogomelos e tamén da importancia que teñen estes organismos no ecositema.

Seguir lendo