Séguenos en:

Prensa

A segunda edición do obradoiro Identificación Práctica de Cogomelos celébrase de xeito virtual

Por segundo ano consecutivo, a programación de obradoiros de extensión universitaria do campus de Ourense inclúe este cuadrimestre a celebración dun taller micolóxico. Nesta ocasión, baixo o título Identificación Práctica de Cogomelos, a formación desenvólvese, atendendo ás medidas de loita contra a covid-19, de xeito virtual e nela participa unha decena de persoas de perfil moi variado en idades e formacións. O obxectivo da iniciativa é que as e os inscritos adquiran coñecementos básicos de micoloxía.

Seguir lendo


MycoGalicia Plantae en que nos pillen rebolando

O pasado sábado 7 de novembro a nosa compañeira María Cabaleiro estivo no magacine da Televisión de Galcia Que nos pillen rebolando! para falar das bondades e dos perigos que teñen os cogomelos. Durante o seu paso polo programa deu respostas a moitas preguntas. Como temos que apañar os cogomelos para que cheguen en bo estado ás nosas casas? Temos que cortar ou sacalo enteiro? Como podemos facer para evitar esas tan temibles intoxicacións por cogomelos? Cales son os cogomelos de valor culinario que mellor se dan?Aproveita para botarlle unha ollada dende a seguinte ligazón.

Seguir lendo


As lendas sobre os cogomelos

Pechamos esta tempada de Micoloxía nas ondas cun repaso ao mundo dos cogomelos. Recordamos todo o que fumos vendo nas anteriores seccións con María Cabaleiro e pechamos a tempada de #Micoloxía coas galletas de boletus, as lendas populares e, a nova app ‘Mycokey Galicia’. Una aplicación posta en marcha por Mycogalicia Plantae.

Seguir lendo


Etnomicoloxía

Os cogomelos ao longo da historia é o tema que trata hoxe María Cabaleiro na súa sección de Micoloxía. Falamos da Manita Muscaria, empregado como relaxante no parto.

Seguir lendo


MycoGalicia Plantae lanza unha APP para identificar os fungos e cogumelos dos bosques e prados de Galicia

MycoGalicia Plantae (www.mycogalicia.es), socia do Clúster Tecnolóxico Empresarial das Ciencias da Vida (www.bioga.org) e ‘EBT’ (Empresa de Base Tecnolóxica) da Universidade de Vigo (www.uvigo.gal), acaba de lanzar unha APP para identificar os cogumelos e fungos dos bosques e prados de Galicia. Mycokey Galicia, de fácil uso para usuarios non especializados, é a primeira APP en galego para identificar estas especies. MycoGalicia Plantae está empregando a APP con alumnos dos obradoiros e cursos que organiza. A aplicación móbil, que aínda está a ser desenvolvida, será lanzada ao público nas próximas semanas. Mycokey Galicia é unha aplicación para dispositivos Android coa que é posible identificar cogumelos e fungos a través de caracteres macroscópicos. A nova APP identifica cogumelos baseándose no emprego dunha clave dicotómica que inclúe máis de 400 especies e máis de 800 esquemas que ilustran os pasos a seguir na identificación, facendo especial fincapé nos caracteres morfolóxicos e ecolóxicos das diferentes especies. A ferramenta simplifica e axiliza o proceso de identificación dos cogumelos sobre o terreo.

Seguir lendo


Nutraceutica

Esta semana continuamos coa nosa sección Micoloxía nas ondas do programa Día a Día de Radio Municipal de Tui. A nutracéutica centrou hoxe o espazo de Micoloxía nas Ondas con María Cabaleiro. En concreto abordou os beneficios que os cogomelos poden ter tamén para a nosa saúde. Explicounos coma limpar os cogomelos na cociña, o seu valor nutricional, e as propiedades mediciñais de certas especies.

Seguir lendo


Intoxicacións

Continuamos unha semana máis na nosa sección Micoloxía nas ondas do programa Día a Día de Radio Municipal de Tui. María Cabaleiro cede hoxe a súa sección de Micoloxía á profesora e directora do Laboratorio de Micoloxía da Universidade de Vigo e, membro de MycoGalicia Pantae, Marisa Castro. Falamos de cogomelos tóxicos.

Seguir lendo


Normas de apaña de cogomelos

Os aproveitamentos micolóxicos, a normativa segundo o tipo de aproveitamento, os coutos micolóxicos, e as explotacións de cogomelos domesticados foron os temas que abordou hoxe María Cabaleiro no tempo de Micoloxía nas Ondas en Día a Día.

Seguir lendo


MycoGalicia Plantae participa nas xornadas do Mercado de Outono de Tomiño

A Asociación de Praceiros e o Concello de Tomiño organizan o Mercado de Outono, do 7 ao 10 de novembro, con actividades dedicadas á cociña de outono que virarán ao redor dos cogomelos e dos alimentos de tempada. O xoves 7 de novembro as 20.30 horas, María Cabaleiro, micóloga de MycoGalicia Plantae e do laboratorio de Micoloxía da Universidade de Vigo, descubrirá aos asistentes o mundo dos cogomelos.

Seguir lendo