O noso compromiso coa educación ambiental de calidade está presente en todas as nosas actividades. Por iso, ao longo do ano realizamos obradoiros (actividades eminentemente prácticas), charlas divulgativas e saídas de campo. Co obxectivo de trasladar a ciencia a todos os públicos, especialmente a micoloxía, botánica e os recursos naturais.
Obradoiro (20h)
Neste obradoiro dixital aprenderás a empregar varias ferramentas prácticas para a identificación de cogomelos. A partir do 28 de Outubro poderás acceder aos contidos do obradoiro que se irán abrindo de maneira progresiva, cada dúas semanas. Trátase dunha formación en línea con clases en vídeo, titorías grupais e recursos prácticos para aprender a identificar cogomelos.
Mínimo de participantes: 12
Inscricións: 13 de Outubro - 04 de Novembro
Sesións en aberto
Nestas sesións en aberto explicamos cal é a metodoloxía que se emprega para identificar cogomelos. Descubre máis acerca dos cogomelos e aprende a usar a nosa aplicación nosa aplicación Mycokey Galicia.
Sesións en aberto
Esta é a nosa forma de ofrecer contidos científicos en aberto para toda a poboación. Na nosa canle de Youtube poderás ver todas as charlas de Ciencia na Casa que te perdiches ou ben volver a reproducir os mellores fragmentos. Presta atención ao noso blog e as nosas redes sociais para saber cando realizaremos novas emisión en directo.
As saídas micolóxicas son actividades de divulgación que realizamos dende MycoGalicia Plantae en espazos de especial interese de Galicia. Durante a saída de campo realizaranse explicacións in-situ sobre as especies vexetais e micolóxicas que se atopen durante a ruta e afondarase nas metodoloxías que se empregan para a identificación de cogomelos. As saídas micolóxicas son unha oportunidade de coñecer a biodiversidade micolóxica dos nosos montes. Durante as saídas non se empregará cesta e non está permitida a apaña de cogomelos.
Dende o 16 ao 22 de Novembro poderedes gozar XXXVIII Semana Micolóxica Galega! O gran encontro de ao redor da micoloxía, que nesta edición innova o seu formato, abre ao público as súas inscricións para as conferencias e mesa redonda. Durante esta semana estará chea de contido con exposicións micoloxicas dixitais e a presentación de todos os relatos e fotografías que nos envíen os participantes dos concursos que se realizan para este evento.
Obradoiro (20h)
Neste obradoiro aprenderás a empregar varias ferramentas prácticas para a identificación de cogomelos. Cada tarde realizaremos saídas polo Campus de Vigo para descubrir algúns cogomelos de primavera e aprender a recoñecer in-situ como se identifican.
Máximo de participantes: 12
Inscricións: 9 de Marzo - 6 de Abril
Obradoiro (30h)
Neste obradoiro aprenderás a recoñecer diferentes especies de árbores. Realizaranse varias saídas polo Campus de Vigo para aprender a recoñecer in-situ como se identifican as especies vexetais. Como remate realizarase unha saída de campo polo Parque de Castrelos para coñecer mellor este Xardín Histórico e Ben de Interese Cultural.
Máximo de participantes: 20
Inscricións: 28 de Xaneiro - 25 de Febreiro