MycoGalicia Plantae Produtos Contacto
Micoloxía na rede
Aprende a recoñecer os cogomelos de primaveira
+ 20 Láminas de Traballo Deseñadas para Aprender a Identificar Cogomelos

Se queres aprender máis sobre cogomelos, pero non sabes por onde comezar, este obradoiro é ideal para ti. Moitas persoas teñen interese por desfrutar da natureza en familia e aproveitan para descubrir máis acerca dos cogomelos. Neste obradoiro dixital resumimos máis de 5 anos de traballo nos que analizamos a mellor maneira de comezar no mundo da micoloxía. Temos preparadas máis de 20 láminas coas que poderás inciarte na identificación de diferentes especies de cogomelos. Isto permitirache ter nocións acerca do mundo dos cogomelos e desfrutar máis das túas saídas de campo.

Que aprenderei neste programa?

Tras completar este obradoiro, saberás...

• Entender como se deben apañar e transportar cogomelos para a súa identificación.

• Trazar unha ruta para apañar cogomelos, incrementado a probabilidade de atopar certas especies.

• Capacidade analítica sobre os caracteres precisos para identificar especies de cogomelos.

• Coñecer cales son as especies tóxicas, os tipos de intoxicacións e tratamentos.

• Entender cales son as caracteristicas das especies comestibles, as suas propiedades nutracéuticas e o seu tratamento na cociña.

• Analizar outras posibles aplicacións antrópicas derivadas do uso dos cogomelos.

Tarifas
  • Básico
  • Acceso á plataforma dixital
  • Conferencias grabadas (> 4 horas)
  • + 20 láminas de traballo
  • Asistencia por correo electrónico non prioritaria (24 - 48 horas)
  • Óptimo
  • Acceso á plataforma dixital
  • Conferencias grabadas (> 4 horas)
  • + 20 láminas de traballo
  • Asistencia prioritaria por correo electrónico (< 24 horas)
  • Contido complementario en pdf
  • Asistido
  • Acceso á plataforma dixital
  • Conferencias grabadas (> 4 horas)
  • + 20 láminas de traballo
  • Asistencia prioritaria por correo electrónico (< 24 horas)
  • Contido complementario en pdf
  • 2 tutorias individuais mediante videoconferencia

Se prefires realizar o pago mediante transferencia bancaria podes contactar connosco no enderezo info@mycogalicia.es e informarémosvos como proceder.

Preguntas Frecuentes

Como funciona o programa?

A partir do 20 de Marzo poderás acceder aos contidos do obradoiro que se irán abrindo de maneira progresiva durante as catro primeiras semanas. Trátase dunha formación en línea con clases en vídeo e recursos prácticos para aprender a identificar cogomelos. Tras isto o obradoiro estará dispoñible ata o 20 de Xuño momento no que se pechará o seu acceso a todos os participantes.

Necesito coñecementos previos?

Non, este obradoiro está pensado para comezar dende un nivel básico. Ademais o noso equipo de soporte estará encantado de axudarte a solucionar calquer dúbida que poida xurdir cos materiais do curso. Dentro da planificación do programa está pensado que os contidos poidan crecer de maneira dinámica puidendo incluirse novas clases adptandose aos avances que realicen os usuarios.

Cando comeza o curso e cando remata?

Esta edición do obradoiro Micoloxía na rede comeza o 20 de Marzo e remata o 20 de Xuño. Creemos que a mellor maneira de autoxestionar o aprendizaxe e poñer datas límite que sexan flexibles para todos os usuarios.

Como podo pagar o curso?

Aceptamos como medio de pago Paypal ou Transferencia bancaria. En caso de que prefiras realizar o pago mediante transferencia bancaria podes contactar connosco no enderezo info@mycogalicia.es e informarémoste como proceder.