MycoGalicia Plantae Produtos Contacto
Identificación
Costa da vela

Sábado 12 de outubro

Montes de Baroña

Domingo 3 de novembro

Corrubedo

Domingo 17 de novembro

Monte Aloia

Domingo 8 de decembro

Costa da vela

Domingo 22 de decembro

A outra cara do monte


Método

Transferencia bancaria

Paypal



Importe

10 €

10 €



Pago


Contacta

Micosafari fotográfico
Que é?

O micosafari fotográfico é unha actividade de divulgación micolóxica que realizamos dende MycoGalicia Plantae. Do mesmo xeito que as rutas micolóxicas que realizamos no outono, esta actividade contará con dous monitores que explicarán aspectos ecolóxicos sobre os cogomelos que se atopen no campo.

Dado que a saída realizarase por espazos naturais protexidos non está permitida a recollida de ningún exemplar. Aproveitaremos á época máis humida do ano para facer percorridos por distintos ecosistemas galegos e coñecelos máis a fondo.

Os asistentes que así o desexen poderán participar nun concurso presentando as fotos que saquen na saída xunto cun pequeno comentario relacionado coas explicacións realizadas polos monitores.

Identificación
Cal é o obxectivo?

Nesta saída de campo realizaranse explicacións sobre os exemplares de cogomelos que se atopen no campo e afondarase nas metodoloxías que se empregan para a súa identificación.

Centrados en espazos naturais aproveitaremos para explicar que é un espazo natural protexido e as peculiaridades que rodean a estas figuras de conservación da natureza.

Aproveitando exemplos in-situ comentarase a problemática das especies invasoras e o perigo que supoñen para a conservación dos ecosistemas protexidos.

Identificación
Metodoloxía docente

Realizaranse explicacións in-situ sobre as especies vexetais e micolóxicas que se atopen durante a ruta. Ademais, dende MycoGalicia Plantae daremos acceso aos asistentes a material dixital complementario con información adicional sobre o percorrido.

Do mesmo xeito que nas rutas micolóxicas que realizamos no outono, daremos acceso material específico para a identificación de cogomelos.

Co obxetivo de asegurar un correcto desenvolvemento da actividade, daremos aos asistentes material auxiliar co que apoiarse en certos puntos clave das explicacións realizadas no campo sobre as especies de cogomelos que se atopen.

Identificación
Que te podes levar

Os premios dos Concursos manteranse en secreto ata o venres anterior a saída do micosafari fotográfico. O premio poderá ser unha guía de identificación de fungos, flora ou fauna de galicia.

Sábado 12 de outubro

Como premio do Concurso imos regalar unha das guías micolóxicas máis relevantes do noroeste peninsular: Guía Micolóxica dos ecosistemas galegos de Baía Edicións.

Esta guía recolle as 556 especies máis frecuentes en Galicia. As especies veñen agrupadas segundo os seus ecosistemas. Isto é pouco frecuente en moitas obras, destacando a sección de especies dunares, pouco habituais nas obras do noroeste peninsular. Esta guía inclue unha clave dicotómica para a identificación de visu das especies.

Guía Micolóxica dos ecosistemas galegos
Domingo 3 de novembro
Setas de españa e Europa

Como premio do Concurso imos regalar unha das guías micolóxicas que inclue as especies máis relavantes do continente europeo: «Setas de España e Europa» de Tikal Edicións.

Esta guía inclue máis de 1.200 especies e case 1.200 fotografías en cor. Esta imprescindible obra de referencia describe os principais cogomelos e fungos europeos, con fotografías que os mostran no seu emprazamento natural.

Setas de españa e Europa
Sábado 17 de novembro
Kokedama Kokedama

Nesta ocasión o premio do concurso fotográfico será máis ornamental: un Kokedama elaborado por Kiare Kokedamas. Silvia e unha gran apaixoada das plantas e en especial da elaboración de Kokedamas para a decoración de eventos e interiores que poden ser mercados dende a súa tenda online.

Desta quenda o gañador tamén se poderá levar un exemplar de A miña primeira guía micolóxica a súa elección.

Kokedama
Bases xerais do concurso

1. Poderán participar no concurso calquera dos asistentes ao Micosafari fotográfico.

2. Para participar os asistentes deberán tomar unha fotografía durante a saída que deberán enviar ao enderezo electronico de MycoGalcia (info@mycogalicia.es) indicando de poseer o seu o nome de usuario en calquera destas redes sociais (Facebook, Instagram e Twitter).

3. O prazo de envio de fotografías rematará o Luns seguinte a saída ás 16:00.

4. MycoGalicia compartirá as fotografías nas suas redes indicando o nome do autor e citando os usuarios indicados previamente. A fotografía que acade máis interaccións (Comentarios + Me gusta + Compartir) antes do Domingo ás 23:59 será a gañadora do concurso.

5. O premio do concurso será unha guia de identificación de fungos, flora ou fauna de Galicia que se enviará por correo postal ao gañador.

6. O envio das imaxes implica a aceptación destas bases e a súa cesion a MycoGalicia para a distribución en redes sociais e outros medios citando sempre a súa a autoría.

Facebook

Instagram

Twitter