Fotografía de Martín Castro Adrán
Do 16 ao 19 de Novembro terán lugar unha serie de conferencias dixitais sobre diversos temas relacionados coa micoloxía e coa cidade de Vigo. Falaremos da orixe da divulgación nesta urbe, da micobiota nas illas Cíes e do cambio climático. Se queredes saber máis sobre todos estes temas que trataremos durante a XXXVIII Semana Micolóxica Galega recorda inscribirte a estas xornadas.
Divulgación micolóxica
O venres 20 de Novembro temos preparada unha mesa redonda na que falaremos sobre a divulgación en micoloxía. Comentaremos a orixe da divulgación micolóxica en Galicia, as entidades e persoas que durante anos se encargaron de dar a coñecer o mundo dos cogomelos da situación actual da micoloxía na nosa comunidade autónoma. Se queredes estar informados de todas as novidades sobre a mesa redonda e achegarnos as túas consultas, recorda inscribirte nestas xornadas.
Dende o 16 ao 22 de Novembro poderedes gozar dunha das nosas exposicións micolóxicas pero por primeira vez completamente dixital. Durante esta semana tamén estará a vosa disposición unha exposición dos relatos e fotografías que nos envíen todos os participantes. Será a nosa maneira de que todos poidades gozar da XXXVIII Semana Micolóxica Galega.
Concurso de relatos micolóxico
Consulta as obrasConcurso de fotografía micolóxica
Consulta as obrasConcurso de relatos e fotografía micolóxicos
Fagamos desta XXXVIII Semana Micolóxica Galega unha oportunidade para achegarnos un pouco máis á micoloxía cos nosos concursos. Participacións ata o 6 de Novembro. Xunto coa exposición micolóxica será a nosa maneira de que todos poidades gozar máis desta semana.
18 decembro 2020
A fotografía «Cogomelos de castro» foi presentada por Martín Castro Adrán ao concurso de fotografía da XXXVIII Semana Micolóxica Galega.
18 decembro 2020
Se había hecho de noche y Andoa tenía miedo, sabía que cuando la luna aparecía sus miedos también. Tenía pesadillas una noche tras otra y nunca quería irse a dormir. ― Vamos cariño cierra los ojos y descansa, mañana nos espera un largo día de trabajo… hay que micorrizar y esporar. ― decía su madre. Y a ver si podemos llegar con nuestras hifas a Castañón que lo veo un poco flojo, y necesita un …
11 decembro 2020
Nun pequeno pobo chamado “O Desván dos Monxes” vivía una muller adentrada nos seus bosques. Esta muller era coñecida polos veciños do pobo como “A Muruxa” una muller pouco sociable e a que os nenos calificaban de “bruxa” por todos os coñecementos que tiña sobre plantas e cogomelos medicinais que para eles eran cousa do demo.