15,00 €
Datos do obradoiro:
📅 Datas e horas: 26 de setembro as 10:30 ⌛Duración: 1:30 horas 👥Prazas limitadas: 15 persoas 📍Onde: saída dende a oficina de Mycogalicia (Campus Universitario de Vigo, Praza de Miralles) Ver ubicación en Google Maps
Saída didáctica para a identificación de cogomelos, na contorna do Campus Universitario de Vigo, na que traballaremos cas diferentes especies que atopemos, determinando cales son os caracteres máis importantes de cada unha delas. Falaremos tamén da súa comestibilidade ou toxicidade, a súa ecoloxía, e outros datos de interese dos cogomelos galegos.
A ruta prevista non ten dificultade técnica e a faremos a ritmo lento, percorrendo os diferentes camiños entre os edificios do campus, ricos en diversidade fúnxica e vexetal. Deterémonos a cada pouco para explicar os diferentes elementos da contorna e os cogomelos que atopemos. Recomendamos levar calzado cómodo e impermeable, de ter tempo húmido e entrar en zonas con herba.
*Sobre a inscrición
As prazas son limitadas, polo que a inscrición queda confirmada no momento da compra e non se poderá cancelar nin devolver.
Se finalmente non podes asistir, podes pasar a túa praza a outra persoa avisándonos previamente.
11 dispoñibles
Descripción
Información adicional
1 persoa, 2 persoas, 3 persoas, 4 persoas, 5 persoas




