A nosa misión

Dende MycoGalicia Plantae traballamos polo uso sostible e multifuncional do monte galego a través da asesoría, a innovación e a divulgación científica, contribuíndo á mellora dos ecosistemas e á valorización do patrimonio natural.

Os nosos valores

Realizamos todos os nosos proxectos en torno a cinco alicerces fundamentais. Ademais, en todas as nosas metodoloxías perseguimos cumprir coa nosa misión: asesorar e potenciar o desenvolvemento dos usos forestais alternativos e sostibles.

Respectuoso co medio ambiente

Conservación ecolóxica do medio que permita a explotación ao longo do tempo

Desenvolvemento rural

Os proxectos que apoiamos axudan á xeración de postos de traballo locais

Rendibilidade

Analizamos a viabilidade económica da proposta para que poida perdurar no tempo

Innovación

Buscamos metodoloxías e prácticas que se adapten mellor ás necesidades dos nosos clientes

Compromiso

Identificamos as necesidades dos nosos clientes para desenvolver o proxecto coa máxima seguridade e confianza

O noso equipo

MycoGalicia Plantae somos un equipo de biólog@s con diferentes especializacións, que achegamos solucións e propostas baseadas no coñecemento científico

Marisa Castro

Directora Científica de MycoGalicia Plantae

María Cabaleiro

Responsable de administración e de formación

Paula Caride

Responsable de deseño, de programas de I+D e de loxística

Hugo Fernández

Responsable de comunicación, de asesoría e de divulgación científica