A nosa misión

Dende MycoGalicia Plantae promovemos a mellora do estado forestal potenciando o desenvolvemento rural, dende o ámbito da Micoloxía ata o da Botánica e outros campos de traballo relacionados co medioambiente. Ningunha das nosas actividades e dos nosos éxitos teñen sentido se non poñen en valor o noso monte e o medioambiente. Para resolver estas cuestións, unha das nosas principais ferramentas son a divulgación dos coñecementos científicos e a formación medioambiental, de cara ás futuras e ás actuais xeracións, xa que o monte ten que mirar cara o futuro e non só cara o presente.

Os nosos valores

Realizamos todos os nosos proxectos en torno a cinco alicerces fundamentais. Ademais, en todas as nosas metodoloxías perseguimos cumprir coa nosa misión: asesorar e potenciar o desenvolvemento dos usos forestais alternativos e sostibles.

Respectuoso co medio ambiente

Conservación ecolóxica do medio que permita a explotación ao longo do tempo

Desenvolvemento rural

Os proxectos que apoiamos axudan á xeración de postos de traballo locais

Rendibilidade

Analizamos a viabilidade económica da proposta para que poida perdurar no tempo

Innovación

Buscamos metodoloxías e prácticas que se adapten mellor ás necesidades dos nosos clientes

Compromiso

Identificamos as necesidades dos nosos clientes para desenvolver o proxecto coa máxima seguridade e confianza

O noso equipo

MycoGalicia Plantae somos un equipo de biólog@s con diferentes especializacións, que achegamos solucións e propostas baseadas no coñecemento científico

Marisa Castro

Directora Científica de MycoGalicia Plantae

María Cabaleiro

Responsable de administración e de formación

Paula Caride

Responsable de deseño, de programas de I+D e de loxística

Hugo Fernández

Responsable de comunicación, de asesoría e de divulgación científica