Séguenos en:

Notificacións

Libro de resumos A outra cara do monte: aproveitamentos alternativos

Fai algo máis de un ano realizamos un evento no que buscabamos poder compartir a relación da investigación científica co sector forestal galego. Durante dous días unimos a máis 70 persoas nun evento que buscaca vincular as universidades e os centros de investigación co traballo que se está a facer a pé de campo. A primeira edición das xornadas «A Outra Cara do Monte»; centrouse nos aproveitamentos alternativos dos montes de Galicia traendo exemplos da man de entidades coma a CMVMC de Couso, a CMVMC de Teis, a Mancomunidade de Montes de Vigo, e as experiencias das cooperativas, da man de Amarelante SCG, ou das administracións coma o Concello de Allariz.

Seguir lendo


O inverno é época de trufas

As trufas son cogomelos do xénero Tuber, que pertence á familia Tuberaceae, dentro do filo dos ascomicetos. Producen, en ascos esféricos, entre 2 e 4 esporas redondas e recubertas por un retículo externo. Son frutificacións case esféricas, en xeral, cubertas externamente por numerosas verrugas piramidais e co interior marmóreo, con vetas de cores algo diferentes ao resto de trama, por exemplo na trufa negra as vetas son de cor branca sobre fondo negro, hipoxeas, é dicir, desenvólvense totalmente no interior da terra, polo que como estratexia evolutiva para a difusión das esporas teñen sempre un cheiro moi forte, máis ou menos agradable segundo de que especie se trate, co fin de que algún animal (cervos, corzos, xavaríns, porcos, cans…) as detecten, escarben, as arrinquen e así, coméndoas ou non, consiga dispersar as súas esporas. Esta é a razón pola que para localizalas se usan porcos ou cans amaestrados.

Seguir lendo


Nin todos os que beben viño son enólogos, nin todos os que comen ou cultivan cogomelos, micólogos

Cando chega o outono unhas persoas van vendimar, outras cazar e, algunhas apañar cogomelos, poriso a nivel social óuvense conversas nas que se usan conceptos e frases que non son adecuados. Porexemplo, a maior parte das persoas consideran normal referirse ás perdices, aos paspallás, ás rolas,etc. polo seu nome e non polo nome xenérico de aves ou paxaros e, sen embargo cando se refiren aoscogomelos non consideran importante saber o que é unha cantarela, unha zarrota, un níscalo, uncoprino ou un champiñón. Non obstante, a confusión entre un ave e outra non provoca intoxicación algunha cando se consomé, nos cogomelos pode ser que si!

Seguir lendo


Micorrización inducida e produción de cogomelos

Nas últimas semanas foron publicadas na prensa varias noticias que se facían eco dunha investigación realizada na Universidade de Valladolid relativas á micorrización de raíces en cistáceas (carpazas) con Boletus edulis, sen indicar o xénero ou a especie da planta, nin a cantidade obtida. Por iso desde MycoGalicia Plantae S.L. pensamos que é importante clarificar algúns conceptos e feitos relacionados coa ecoloxía dos fungos, en especial, e cos micorrícicos, en particular.

Seguir lendo


Combate biolóxico da avespa asiatica

Dadas as diferentes publicacións relizadas no territorio nacional sobre o emprego de Cordyceps militaris para combater a procesionaria do piñeiro (Thaumetopoea pityocampa) e as recentes noticias publicadas nos xornais «Faro de Vigo» (10/05/19) e «La voz de galicia» (14/05/19) sobre o proxecto gañador do concurso Galiciencia para combater a avespa asiática (Vespa velutina). En primeiro lugar, darlles os parabéns aos dous autores por teren pensado nos fungos para afrontar un proxecto de investigación, e a Hifas da Terra por ter colaborado con eles. É fantástico ver que existen programas dedicados a introducir na investigación científica á xente nova.

Seguir lendo