Couto Micolóxico de Beade


Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Beade
Ficha do couto
- Nome do coutoCouto Micolóxico de Beade
- TitularesCMVMC de Beade
- Extensión do coutoTotalidade do monte comunal
- Permiso apaña recreativo
Diario: 5 €
Anual: gratuíto coa inscrición no “Clube de amigos dos Montes de Vigo” - Cupo permiso recreativo2 kg/día
- Especies que se poden apañarEspecies de cogomelos recoñecidas nas partes A, B e C do Anexo do “Real Decreto 30/2009, do 16 de xaneiro, polo que se establecen as condicións sanitarias para a comercialización de cogomelos para uso alimentario”
Mapa do couto

Mercar permisos
Os permisos de apaña emitidos pola Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Beade son validos en todas as súas áreas acoutadas.
Permiso diario recreativo
(5€)
O permiso recreativo diario ten un prezo de 5 € e só é vixente na data que se indique como data de validez. Cubre a data de validez do formulario antes de realizar o pagamento. A expedición dos permisos tarda entre 24 e 48h. Se prefires realizar un pagamento por transferencia bancaria podes contactar connosco no enderezo info@mycogalicia.es.
Permiso anual recreativo
Máis información
A Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Beade posúe unha área acoutada para a xestión do seu recurso micolóxico dun xeito sostible. O aproveitamento proposto busca ser respectuoso coa diversidade e o medio ambiente, permitindo a correcta conservación dos recursos naturais.
Valorización e xestión sostibles dos servizos ecosistémicos mancomunados dos montes periurbanos de Vigo, promovido pola Mancomunidade de Montes de Vigo en agrupación coa Universidade de Vigo, e conta co apoio da Fundación Biodiversidad do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico (MITECO) no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resilencia (PRTR), financiado pola Unión Europea – NextGenerationEU
