Coutos Micolóxicos Souto de San Brais e Souto do Pereiral

Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Rebordelo

Ficha dos coutos

  • Nome do coutoSouto de San Brais e Souto do Pereiral
  • TitularesCMVMC de Rebordelo
  • Extensión do couto5,90 ha e 9,40 ha
  • Permiso apaña recreativo

    Diario: 5 €
    Anual: 35 €

  • Cupo permiso recreativo2 kg/día
  • Especies que se poden apañarBoletus edulis, Boletus reticulatus, Lactarius deliciosus, Cantharellus cibarius
  • Actividades complementarias co permiso anualDesconto dun 10% nas nosas actividades formativas e nos nosos produtos

Mapa dos coutos

Mercar permisos

Os permisos de apaña emitidos pola Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Rebordelo son validos en todas as súas áreas acoutadas: o couto Souto do Pereiral no monte Coto do Facho e o couto Souto de San Brais no monte Sabugueiro.

Permiso diario recreativo

(5€)

    Inserir data de validez

    O permiso recreativo diario ten un prezo de 5 € e só é vixente na data que se indique como data de validez. Cubre a data de validez do formulario antes de realizar o pagamento. A expedición dos permisos tarda entre 24 e 48h. Se prefires realizar un pagamento por transferencia bancaria podes contactar connosco no enderezo info@mycogalicia.es.

    Permiso anual recreativo

    (35€)

    A data de validez será dun ano dende a data de emisión

      O permiso recreativo anual ten un prezo de 35 € e só é vixente na data que se indique como data de validez (1 ano dende a data de emisión). A expedición dos permisos tarda entre 24 e 48h. Se prefires realizar un pagamento por transferencia bancaria podes contactar connosco no enderezo info@mycogalicia.es. Dentro das actividades asociadas ao permiso recreativo inclúese: Boas prácticas do apañador de cogomelos (pdf). Ademais, dentro do permiso Anual poderás obter a outras vantaxes: Saídas de campo (desconto 10%), eventos e consulta micolóxica.

      Máis información

      A Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Rebordelo posúe dúas áreas acoutadas para a xestión do seu recurso micolóxico dun xeito sostible. O couto Souto do Pereiral no monte Coto do facho e o couto Souto de San Brais no monte Sabugueiro. O aproveitamento proposto busca ser respectuoso coa diversidade e o medio ambiente xa que se atopan incluídas dentro do proxecto de custodia do territorio Couto da Eirexiña.