Séguenos en:

Ciencia na casa
Paso 1

Subscribete a nosa canle para enterarte de cando comezamos os directos

Paso 2

Desfruta das gabacións e dos directos en calquer momento

Ciencia na casa
Esta é a nosa forma de ofrecer contidos científicos en aberto para toda a poboación. Na nosa canle de Youtube poderás ver todas as charlas de Ciencia na Casa que te perdiches ou ben volver a reproducir os mellores fragmentos. Presta atención ao noso blog e as nosas redes sociais para saber cando realizaremos novas emisión en directo.
̣

A familia Betulaceae 🌱 (Alnus, Betula e Corylus)

Nesta sesión veremos cales son as características das árbores pertencentes á familia Betulaceae. Faremos un achegamento a especies tan coñecidas como o Amieiro (Alnus sp.), o Bidueiro (Betula sp.) ou as aveleiras (Corylus sp.). Esta charla forma parte do curso Como coñecer as árbores que te rodean que desenvolvemos entre Marzo e Xuño de 2020 dende MycoGalicia Plantae para ensinar máis sobre a identificación de especies arbóreas.
̣

Froitos do monte: Castañas 🌰 e Cogomelos 🍄

Nesta charla falaremos de moitos aspectos realacionados cos castiñeros: as súas variedades, os métodos de selección e alguns dos seus patoxenos. Tamén nos aproximaremos aos cogomelos que se asocian aos castiñeiros e a metodoloxías de micorrización que se poidan asociar a este conxunto de arbores.
̣

As plantas tamén sinten. 🌿 Descubrindo o idioma das plantas.

Nesta charla falaremos de moitos aspectos relacionados coa relación que establecen as plantas co seu entorno e entre elas. Descubre porque as plantas tamén sinten e como se comunican.
̣

Que son as MICORRIZAS e para que SIRVEN 🍄

Nesta charla profundizaremos un pouco máis sobre as micorrizas, que son? como se forman? cal é a súa importancia? Descubre a complexidade detrás desta relación fungo-planta.
̣

Tipos de PLANTAS CARNÍVORAS 🌷 🦖

Nesta ocasión falaremos sobre varias especies de Plantas Canívoras: plantas que empregan trampas para capturar diferentes organismos. Nesta charla veremos como se adaptan ao seu medio e cal é o funcionamento das suas trampas.
̣

Adaptarse ou morrer 🌵☀️ Supervivencia das plantas en condicións extremas

DESCUBRE máis sobre as adaptacións das plantas a diferentes condicións extremas. As plantas posuen adaptacións que lles permiten sobrevivir en concicións extremas: salinidade, altas temperaturas, estres hídrico… Nesta charla falaremos sobre a supervivencia das plantas en condicións extremas e da implicación que teñen estas adaptacións.
̣

O amorodo é un froito seco

Sabías que o amorodo é un froito seco? Sabias que a margarita e máis que unha flor? Nesta charla falaremos de varios aspectos que estamos moi acostumados a dar por sentado pero que se nos paramos a pensar non son sempre o que parecen.
̣

Como cultivar COGOMELOS na casa | Introdución ao cultivo de cogumelos

Nesta charla falaremos do cultivo de cogomelos. Dende a historia da domesticación de cogomelos pasando polas fases de produción dos fungos.
̣

Os aromas das plantas

Nesta charla falaremos das plantas aromáticas. Descubriremos porque as plantas xeran aromas e que ventaxes lles confiren.
̣

Emerxencia climática. Os avisos da natureza.

En plena emerxencia climática debemos pensar cales son os avisos nos está mandando á natureza. Descubre nesta charla como os ecosistemas xa están sufrindo as consecuencias do que está por chegar.
̣

Invasións biolóxicas. Cal é o seu verdadeiro perigo

Nesta charla falaremos das especies exóticas invasoras e dos perigos que xeran aos ecosistemas. Esperámosvos na nosa canle de youtube para falar un pouco máis da importancia do medio ambiente.
̣

Xestión micolóxica forestal sustentable

Nesta charla falaremos de que é o aproveitamento forestal sostible e algúns exemplos de como aproveitar o recurso micolóxico para xerar riqueza e postos de traballo no rural.
̣

Cultivo de Plantas carnívoras

Descubre cales son as mellores condicións para o seu mantemento e que especies de Plantas Canívoras se poden plantar e conservar nas nosas casas.
̣

Etnomicoloxía. Os cogomelos e o ser humano

Nesta charla falaremos da etnomicoloxía, é decir, do estudo da relación do home cos cogomelos. Comentaremos cales son os dos diferentes usos ancestrais que se lle deron a este conxunto de organismos e descubriremos máis sobre a súa implicación nas relixións e nas culturas.
̣

As cores das árbores

As árbores adquiren moitas cores nas suas follas durante os distintos períodos do ano. Nesta presentación descubriras a que se debe e de onde se orixina as variación de cores das suas follas.