O prezo orixinal era: 65,00 €.60,00 €O prezo actual é: 60,00 €.
Datos do curso:
📅 Datas: 6, 13, 20 e 27 de maio
⏰ Horario: 16:00 – 18:30
⌛Duración: 10 h
👥 Prazas limitadas (8 persoas)
Aprende a identificar as árbores máis comúns da contorna de Galicia a través dun enfoque práctico e accesible. Neste curso de 10 horas combinaranse sesións teóricas con saída de campo para recoñecer especies a partir de follas, cortiza, xemas e porte.
Cada sesión abordará distintos grupos de árbores e os seus usos tradicionais (alimentarios, medicinais e ornamentais), ofrecendo unha visión completa da súa importancia ecolóxica e cultural.
Unha formación ideal para persoas interesadas na natureza, a botánica e o coñecemento do territorio!
*Sobre a inscrición
As prazas son limitadas, polo que a inscrición queda confirmada no momento da compra e non se poderá cancelar nin devolver.
Se finalmente non podes asistir, podes pasar a túa praza a outra persoa avisándonos previamente.
8 dispoñibles



