O prezo orixinal era: 65,00 €.60,00 €O prezo actual é: 60,00 €.
Datos do curso:
📅 Datas: 27 de maio, 3, 10 e 17 de xuño
⏰ Horario: 17:00 – 19:30
⌛Duración: 10 h
👥 Prazas limitadas (8 persoas)
Aprende a identificar as plantas máis comúns da contorna de Galicia a través dun enfoque práctico e accesible. Neste curso de 10 horas combinaranse sesións teóricas con saída de campo para recoñecer especies tanto herbáceas como arbustivas e arbóreas.
Cada sesión abordará distintos grupos de árbores e os seus usos tradicionais (alimentarios, medicinais e ornamentais), ofrecendo unha visión completa da súa importancia ecolóxica e cultural.
A última sesión dedicarase ás herbas de San Xoán!!!
Unha formación ideal para persoas interesadas na natureza, a botánica e o coñecemento do territorio!
*Sobre a inscrición
As prazas son limitadas, polo que a inscrición queda confirmada no momento da compra e non se poderá cancelar nin devolver.
Se finalmente non podes asistir, podes pasar a túa praza a outra persoa avisándonos previamente.
8 dispoñibles



