16,55 €
Detalles da Guía de Identificación
- Páxinas: 448
- Deseño: rústico
- Dimensións: 20x12cm
- Idioma: galego
- Data de pubicación: novembro 2005
- ISBN 978-84-96526-23-5
Se estás buscando unha guía coa que iniciarte na identificación de cogomelos, a «Guía Micolóxica dos Ecosistemas Galegos» da Editorial Bahía. A autora Marisa Castro, recoñecida micóloga a nivel Ibérico, trata neste libro as 556 especies máis habituais en Galicia.
4 in stock
Description
Se estás buscando unha guía coa que iniciarte na identificación de cogomelos, a «Guía Micolóxica dos Ecosistemas Galegos» da Editorial Baía é unha boa opción. A autora Marisa Castro, recoñecida micóloga a nivel Ibérico, trata neste libro as 556 especies máis habituais en Galicia. Conxugando nun mesmo traballo a experiencia herdada dos nosos maiores e mestres co zume novo das últimas xeracións de micólogos, formados profesionalmente nas nosas universidades.
Ademáis de fichas identificativas conta cunha clave dicotómica de especies.
A distribución das especies ao longo da «Guía Micolóxica dos Ecosistemas Galegos» é diferente ao que se ve habitualmente. Faise por ecosistemas, de tal maneira que cando pasees por unha fraga ou por un bidueiral poidas dirixirte ás páxinas relativas a estes hábitats, o que che facilitará a identificación de visu.
A guía, dirixida tanto a profesionais como a persoas afeccionadas á micoloxía, segue tamén dúas máximas, unha do saber popular, só se valora e se pode conservar aquilo que se coñece, e a outra do noso gran fabulador Álvaro Cunqueiro, …dicir rula e abidueira e dorna e fonte… fanme dono da rula e da abidueira e da dorna e da fonte…, para indicar que só existe e posuímos aquilo que ten un nome, aquilo que coñecemos.