15,00 €
Datos do curso:
📅 Datas e horas: dúas quendas:
– día 19 de setembro as 11:00
– día 25 de setembro as 18:30
⌛Duración: 1:30 horas
👥Prazas limitadas: 7 persoas por quenda
📍Onde: oficina de Mycogalicia (Campus Universitario de Vigo, Praza de Miralles) Ver ubicación en Google Maps
Senta as bases precisas para identificar cogomelos correctamente, iniciándote no mundo da Micoloxía, cunha charla amena que repasa todos os conceptos fundamentais que calquera persoa, amateur ou con experiencia, debe coñecer: que son os fungos e os cogomelos, como viven, que caracteres é preciso ter en conta para unha boa identificación, e aprende a manexar as principais ferramentas que nos permiten levar a cabo esta tarefa. Farase tamén un repaso da normativa de apaña de cogomelos galega, imprescindible para saír ao monte con seguridade ! 🍄🍄
*Sobre a inscrición:
As prazas son limitadas, polo que a inscrición queda confirmada no momento da compra e non se poderá cancelar nin devolver.
Se finalmente non podes asistir, podes pasar a túa praza a outra persoa avisándonos previamente.
Información adicional
19/09 – 11:00-12:30, 25/09 – 18:30-20:00




