5,00 €
Detalles do Libro de resumos
- Páxinas: 107
- Deseño: dixital (pdf)
- Data de pubicación: setembro 2022
- ISBN: 978-84-09-44644-5
- Edición: 1ª
Descripción
Xa está dispoñible o libro resumo da «XXXVIII Semana Micolóxica Galega». Este recompila as conferencias, a mesa redonda e as obras presentadas aos concurso de micofotografía e micorrelato.
A «XXXVIII Semana Micolóxica Galega» foi organizada polo Grupo Micolóxico Galego Luís Freire, coa colaboración do Laboratorio de Micoloxía da Universidade de Vigo e de MycoGalicia Plantae, no outono do ano 2020.
Nestas xornadas que, por mor da COVID-19, tiveron que volverse totalmente dixitais, non faltou a participación nin a colaboración de apaixonados pola Micoloxía. Todo isto permite presentar este libro resumo, para todo aquel a quen poida interesar.
Para saber máis sobre estas xornadas, pódese acceder ao seu contido no apartado Semana micolóxica da nosa web.