30,00 €
Detalles da guía
- Autoría: Óscar Requejo Martínez e N. Floro Andrés Rodríguez
- Páxinas: 315
- Idioma: galego
- Edición: rústica con solapas
- Editorial: MycoGalicia Plantae e Grupo Micolóxico Galego Luis Freire
- Ano de publicación: 2024
- ISBN: 978-84-09-63255-8
- Dimensións: 23 x 17 cm
Participando na prevenda reservaredes o voso exemplar, posto que a cantidade de guías dispoñibles dependerá da demanda durante esta fase. Así que non perdades a oportunidade de desfrutar deste novo lanzamento!
Para saber máis sobre esta guía e os seus autores, podes revisar a páxina da proxecto!
Fases estimadas do proxecto:
- Maquetación (xuño-xullo 2024)
- Impresión (xullo-setembro 2024)
- Envío (setembro-decembro 2024)
Descripción
A guía «Mixomicetos de Galicia e norte de Portugal» pretende mostrar un mundo de seres enigmáticos, de vivas cores, variadas formas e interesantísima bioloxía. Ao longo dos anos, durante moitas horas de saídas ao campo e estudo no laboratorio e na biblioteca, seguindo a estes marabillosos seres, os autores, micólogos do Grupo Micolóxico Galego Luis Freire, foron adquirindo coñecemento e empapándose de información, que queren partillar neste traballo con quen tamén sinta atracción por eles.
Na primeira parte da guía Mixomicetos de Galicia e norte de Portugal fálase sobre as características biolóxicas xerais destes organismos, as súas estruturas vexetativas, ciclo biolóxico, ecoloxía, onde viven e en que época frutifican. Inclúese a historia do seu estudo en Galicia, dende a primeira mención dun mixomiceto no ano 1951. Analízanse os seus aspectos etnolóxicos, é dicir, a relación que o ser humano mantén cos mixomicetos, ás veces sorprendente. Dedícase un capítulo aos métodos e técnicas para o seu estudo, á taxonomía e á xenética na que hoxe se apoia. Preséntase no seguinte apartado, unha clasificación taxonómica dos mixomicetos atopados ata o de agora no noroeste da Península Ibérica, e unhas chaves para a identificación ata nivel de xénero. O seguinte gran apartado é a descrición, por orde alfabética, das 91 especies descritas. Por último, está un amplo glosario dos termos científicos utilizados, os índices de especies e xéneros, e as referencias bibliográficas mencionadas na guía.