18,00 €
“Pan de sapo” é o xogo de cartas onde terás que ser o sapiño máis espelido, para conseguir os cogomelos máis valiosos e evitar que os outros sapos chos rouben e gañen todos os puntos.
Detalles do Xogo
- Cartas: 86
- Cartas de cogomelo: 60
- Cartas de sapo: 12
- Cartas de misión: 8
- Ficha de sapo veloz: 1
- Cartas de resumo: 5
- Dimensións caixa: 14,5 x 10,5 x 2,8 cm
- Instrucións: bilingüe (galego – español)
Coñece máis sobre o xogo na páxina da campaña de Verkami: https://vkm.is/pandesapo
19 in stock
Description
Os fungos son un recurso moi valioso dos montes e, en Galicia, a cultura micolóxica é relativamente pequena, polo que é unha tarefa moi importante dalos a coñecer e poñelos en valor, posto que só se valora e protexe aquilo que se coñece.
Os cogomelos en Galicia teñen unha historia de amor-odio algo complexa. Cada outono, ninguén pode evitar fixarse neses organismos que aparecen nos bosques e nos campos, fascinantes para uns e abominables para outros.
No pasado estes seres vivos recibiron nomes desprezativos por parte de quen os temía, como “Pan de sapo”. Intentado darlle unha volta a esta denominación, decidimos chamar ao noso xogo sobre cogomelos precisamente así, para non esquecer o pasado, e para dotalo dun novo significado.