30,00 €
“Pan de sapo” é o xogo de cartas onde terás que ser o sapiño máis espelido, para conseguir os cogomelos máis valiosos e evitar que os outros sapos chos rouben e gañen todos os puntos. Nesta versión de “Pan de sapo” saída da campaña de Verkami, hai algúns elementos adicionais que non ten a básica. Este formato do xogo estará dispoñible con unidades limitadas. Detalles do Xogo
- Cartas: 102
- Cartas de cogomelo: 72
- Cartas de sapo: 14
- Cartas de misión: 9
- Ficha de sapo veloz: 1
- Cartas de resumo: 6
- Taboleiros de xogador: 6
- Taboleiro de puntuación: 1
- Fichas marcadoras: 6
- Dimensións caixa: 23,3 x 15,5 x 5,2 cm
- Instrucións: bilingüe (galego – español)
Coñece máis sobre o xogo na páxina da campaña de Verkami: https://vkm.is/pandesapo *A cunca e as chapas son elementos decorativos non incluídos no xogo
Out of stock
Description
Os fungos son un recurso moi valioso dos montes e, en Galicia, a cultura micolóxica é relativamente pequena, polo que é unha tarefa moi importante dalos a coñecer e poñelos en valor, posto que só se valora e protexe aquilo que se coñece.
Os cogomelos en Galicia teñen unha historia de amor-odio algo complexa. Cada outono, ninguén pode evitar fixarse neses organismos que aparecen nos bosques e nos campos, fascinantes para uns e abominables para outros.
No pasado estes seres vivos recibiron nomes desprezativos por parte de quen os temía, como “Pan de sapo”. Intentado darlle unha volta a esta denominación, decidimos chamar ao noso xogo sobre cogomelos precisamente así, para non esquecer o pasado, e para dotalo dun novo significado.