10,00 €
Detalles do Libro de resumos
- Páxinas: 82
- Deseño: rustico
- Dimensións: 21x15cm
- Data de pubicación: decembro 2020
- ISBN: 978-84-09-25605-1
- Edición: 1ª
Descripción
A primeira edición das xornadas «A Outra Cara do Monte» centrouse nos aproveitamentos alternativos dos montes de Galicia.
Da man de investigadores como o Dr. Juan Picos, o Dr. Damián Copena, a Dra. Iria Villar e o Dr. Serafín González, chegaron os diversos puntos de relación da investigación científica co sector forestal galego. Ademais, tratáronse as posibilidades de vincular as universidades e os centros de investigación co traballo que se está a facer a pé de campo. Por exemplo, da man de CMVMC coma a de Couso, a de Teis ou a Mancomunidade de Montes de Vigo, das cooperativas coma Amarelante SCG ou das administracións coma o Concello de Allariz.
Así puidose mostrar e compartir con múltiples persoas, relacionadas de diferente xeito co monte galego, a diversidade de oportunidades e potencialidades que presenta a contorna galega.