O prezo orixinal era: 45,00 €.40,00 €O prezo actual é: 40,00 €.
Datos do obradoiro:
📅 Data: 15 de maio
⏰ Horario: 16:00 – 19:00
⌛Duración: 3 h
👥 Prazas limitadas (8 persoas)
Iníciate no cultivo de cogomelos de forma sinxela e práctica. Neste obradoiro aprenderás como funciona o micelio, os substratos e as condicións necesarias para producir cogomelos na casa.
A actividade combina explicacións teóricas con demostracións prácticas para comprender todo o proceso, desde a inoculación ata a fructificación.
Inclúe unha pequena paca produtora para que poidas continuar o cultivo no teu fogar!
De regalo o noso manual “Domesticación de cogomelos“ editado pola Xunta de Galicia.
*Sobre a inscrición
As prazas son limitadas, polo que a inscrición queda confirmada no momento da compra e non se poderá cancelar nin devolver.
Se finalmente non podes asistir, podes pasar a túa praza a outra persoa avisándonos previamente.
8 dispoñibles



