21,00 €
Detalles da novela
- Autora: Marisa Castro Cerceda
- Páxinas: 176
- Edición: rústica con solapas
- Editorial: Hércules Ediciones
- Data de pubicación: 20 decembro 2022
- ISBN (galego): 978-84-18966-71-2
- ISBN (castelán): 978-84-18966-70-5
- SINOPSE:
A través da vida de Rosalía Carcedo (1911-1972) faise unha viaxe durante unha parte do século XX, dende Galicia, de onde era natural, pasando polo Madrid da República e da Guerra Civil, ata a aldea de orixe na que volveu vivir durante a época da ditadura franquista e na que continuou exercendo a súa profesión, curandeira, a pesares da incomprensión que a rodeaba e a incredulidade de personas con ignorancia invencible, que non entendían o non querían saber.
Description
«A saga das curandeiras», a primeira novela de Marisa Castro xa está dispoñible! Da man da Editorial Hércules chega esta biografía ficticia dunha curandeira galega que permitirá ao lector coñecer a relación destas persoas coa xente e coas autoridades civís e relixiosas da súa época. Ademais, axudará a aproximarse ao coñecemento sobre o uso das plantas e dos cogomelos, tanto con fins curativos como máxicos, nese mundo críptico e infravalorado das meigas galegas.
A través da vida de Rosalía Carcedo (1911-1972) faise unha viaxe durante unha parte do século XX, dende Galicia, de onde era natural, pasando polo Madrid da República e da Guerra Civil, ata a aldea de orixe na que volveu vivir durante a época da ditadura franquista e na que continuou exercendo a súa profesión, curandeira, a pesares da incomprensión que a rodeaba e a incredulidade de personas con ignorancia invencible, que non entendían o non querían saber.
Autora: Marisa Castro Cerceda
Marisa Castro Cerceda (Lugo, 1955), membro dunha saga de curandeiros, ata os 25 anos foi labradora como os seus pais. Tivo a sorte de pasar pola universidade, e deixou que esta pasase por ela.
É micóloga, doutorada en Ciencias Biolóxicas cun traballo relacionado cos cogomelos, e durante máis de 30 anos foi profesora na Universidade de Vigo, onde impartiu Botánica e dirixiu case unha decena de teses doutorais. É socia fundadora da empresa MycoGalicia Plantae, con membros do seu equipo de investigación.
A súa primeira profesión é a de docente, a segunda, sen dúbida, a de divulgadora científica.
Marisa é ecoloxista, amante da natureza e defensora da liberdade feminina, especialmente na figura da muller rural galega.
É autora de algo máis dunha centena de traballos de investigación e de máis de 25 libros de divulgación científica relacionados con cogomelos e con plantas. «A saga das curandeiras» é a súa primeira novela.
Additional information
Galego, Castellano