45,00 €
Datos do curso:
📅 Datas e horas: os luns 9, 16, 23 e 30 de novembro, de 16:30 a 19:30
⌛Duración: 3 horas/día
👥Prazas limitadas: 7 persoas
📍Onde: oficina de Mycogalicia (Campus Universitario de Vigo, Praza de Miralles)
Ver ubicación en Google Maps
Senta as bases precisas para identificar cogomelos correctamente, iniciándote no mundo da Micoloxía, cunha obradoiro completo que repasa todos os conceptos fundamentais que calquera persoa, amateur ou con experiencia, debe coñecer. Descubriremos os principáis grupos das especies comestibles, e as súas posibles confusións, de modo que se teña unha base sólida para saír ao monte con seguridade.
🚶 Todos os días, se a climatoloxía o permite, realizaremos unha saída ao campo para poder traballar cos cogomelos frescos que aparezan 🚶
🍄 Programa do obradoiro:
- Introdución á micoloxía: aspectos e conceptos fundamentais dos fungos e os cogomelos. Definicións, morfoloxía e ecoloxía. Ferramentas para a identificación de cogomelos. Normativa de apaña.
- As boletáceas nos montes galegos
- As cantarelas e as trompetas nos montes galegos
- Leiteiros e níscalos nos montes galegos
- Macrolepiotas e choupíns nos montes galegos
- Outras especies de interese
*Sobre a inscrición:
As prazas son limitadas, polo que a inscrición queda confirmada no momento da compra e non se poderá cancelar nin devolver.
Se finalmente non podes asistir, podes pasar a túa praza a outra persoa avisándonos previamente.
7 dispoñibles
Información adicional
19/09 – 11:00-12:30, 25/09 – 18:30-20:00



