Coutos micolóxicos de Galicia
Os coutos micolóxicos son unha figura para a xestión forestal incluída na lexislación galega no ano 2014.
Na actualidade, o acceso á información sobre estes coutos é moi limitado, por iso xorde o proxecto MYCOUTO, para a recollida de datos e difusión dos mesmos.
Para asegurar un aproveitamento sostible dos cogomelos axudamos aos propietarios forestais na xestión, difusión e dinamización desta figura de aproveitamento forestal.
Accede aos diferentes coutos incluídos neste proxecto para mercar os permisos e informarte das actividades que teñen integradas.
Tamén podes inscribir o teu couto para que figure na listaxe do proxecto de xeito totalmente gratuíto.
Proxecto MYCOUTO
Coutos micolóxicos Souto de San Brais e Souto do Pereiral
Cercedo-Cotobade, Rebordelo
Couto micolóxico de Baroña
Porto do Son, Baroña
Preguntas frecuentes
Que é un couto micolóxico?
Un couto micolóxico é unha figura incluída para a ordenación e regulación do aproveitamento micolóxico na Comunidade Autónoma de Galicia dende o ano 2014. Son áreas forestais acoutadas onde só se poden apañar cogomelos coa autorización dos propietarios forestais. A xestión dos coutos pode ser moi variada segundo a orientación cara a viabilidade e a mellora do aproveitamento micolóxico que desexen implantar.
Onde e como podo ver as áreas acoutadas para apaña de cogomelos de cada couto?
Na páxina “coutos” poderás ver os que temos rexistrados ata o momento e accedendo á páxina de cada un deles poderás ver un mapa do couto micolóxico en cuestión.
Como podo facer para apañar cogomelos dentro dos coutos?
Accedendo á páxina de cada couto poderás mercar os permisos para apaña segundo as condicións que alí se reflicten.
Por que teño que sacar un permiso para apañar cogomelos?
Os coutos de cogomelos son áreas privadas destinadas ao aproveitamento micolóxico que deben ser xestionadas dun xeito adecuado. Para extraer cogomelos dun couto micolóxico é imprescindible a autorización dos propietarios forestais.
Como podo facer a inscrición do meu coto no proxecto MYCOUTO?
Se estás interesado en incluír o teu couto micolóxico neste proxecto, podes contactar connosco desde a páxina de inscrición de coutos.
Realmente paga a pena o permiso anual?
Co permiso anual dun couto micolóxico xestionado por nós, poderás:
- acceder ao couto en cuestión e apañar cogomelos no mesmo
- participar nas actividades que levemos a cabo nese couto sen custo algún
- ter un 10% de desconto nos nosos servizos de formación e divulgación e nos nosos produtos
Inscribe o teu couto micolóxico
Se tes un couto micolóxico e queres participar no proxecto MYCOUTO podes inscribirte neste formulario.
Se tes algunha dúbida acerca deste proxecto ou dos beneficios de inscribir o teu couto podes consultar a nosa área de preguntas frecuentes.
Se estás interesado en dar de alta un couto micolóxico ou queres que te axudemos na difusión e dinamización dun que estea en vigor coméntanos a túa situación neste mesmo formulario.