Nesta sesión veremos cales son as características das árbores pertencentes á familia Betulaceae. Faremos un achegamento a especies tan coñecidas como o Amieiro (Alnus sp.), o Bidueiro (Betula sp.) ou as aveleiras (Corylus sp.).
Esta charla forma parte do curso Como coñecer as árbores que te rodean que desenvolvemos entre Marzo e Xuño de 2020 dende MycoGalicia Plantae para ensinar máis sobre a identificación de especies arbóreas e podedes vela a continuación.
Ciencia na casa
O ciclo ciencia na casa é un conxunto de charlas abertas que estamos realizando durante os meses de Abril, Maio e Xuño. Co fin de ofertar contidos científicos para a poboación, todos os Venres realizamos unha charla falando sobre diferentes aspectos da micoloxía e da botánica. Fagamos desta crise unha oportunidade de aprender.
Podes consultar todos os videos do ciclo de charlas Ciencia na Casa dende o seguinte enlace
Esta é a nosa forma de ofrecer contidos científicos en aberto para toda a poboación. Na nosa canle de Youtube poderás ver todas as charlas de Ciencia na Casa que te perdiches ou ben volver a reproducir os mellores fragmentos. Presta atención ao noso blog e as nosas redes socias para saber cando realizaremos novas emisión en directo.