MycoGalicia Plantae foi seleccionada entre as 46 iniciativas que participaran os próximos días 19, 20 y 21 de septembro na feria Pont-Up Store.
Este evento destinado a fomentar o emprendemento e o incremento da cultura emprendedora na sociedade seleccionou para xa sexta edición un total de 46 iniciativas entre as 168 candidaturas presentadas, procedentes de toda Galicia. Este número que supón un incremento do 17% con respecto á anterior edición. A organización destaca que este ano destaca a numerosa cantidade de empresas de nova creación que presentan solucións para reducir a pegada ecolóxica, desde múltiples ámbitos, así como propostas para activar o rural galego, que suman un terzo do total das propostas presentadas.