Gañadores dos concursos da XXXVIII Semana Micolóxica Galega

Para celebrar a XXXVIII Semana Micolóxica Galega dun xeito especial quixemos incluír varios concursos cos que vos puiderades sentir parte desta celebración. Houbo máis 20 participantes polo que so podemos darvos a grazas por participar tan activamente nesta semana.

Gustaríame recordar que durante esta semana íamos a facer unha exposición dos relatos e fotografías participantes, pero cremos que cada participante se merece o destaquemos de maneira individual polo que de aquí en diante cada semana será dedicada a un dos participantes dos concursos. E quen sabe, quizais poidamos facer algo máis nun futuro.

Doutra banda antes de dicirvos cales son os gañadores dos concursos, queremos que coñezades un pouco máis aos xurados. Como sabedes cada un dos xurados estaban conformados por un membro do Grupo Micolóxico Galego, a entidade organizadora deste e evento, e dous membros das entidades colaboradoras, un do Laboratorio de Micoloxía da Universidade de Vigo e outro a spin off MycoGalicia Plantae. A moitos de eles xa os coñecestes durante esta e outros están ocultos nas sombras axudando a que todo saía adiante.

Gañadores concurso fotografía

1º premio

Tesouros de outono”

José Luis Gigirey González

2º premio

Umbrella”

Patricia Rivera Comesaña

Gañadores concurso relatos

Categoría infantil

Categoría adultos

1º premio

Mostruos de Andoa”

Xoel Cuadrado Poncini

1º premio

Stropharia aeruginosa

Tomás Rodríguez Novoa

2º premio

“Bonete”

Melissa Domínguez Rodríguez

Xurado do concurso de fotografía

  • Oscar Requejo en representación do Grupo Micolóxico Galego Luís Freire do que foi secretario durante os últimos anos. É naturalista, micófilo e micólogo, un gran afeccionado á fotografía micolóxica e autor da guía micolóxica do río Caselas. Entre todos os seus traballos e destacable a exhaustiva mostraxe que realizou e sigue realizando na ZEC das Gándaras de Budiño foi publicada na revista Guineana da Universidade do País Vasco onde só se acepta a publicación de Tesis Doutorais.
  • Mauro Rivas en representación do Laboratorio de Micoloxía da Universidade de Vigo. Estivo realizando as súas practicas no Naturalis Biodiversity Center, nos Paises Baixos onde realizou traballos de creación de bases de datos de secuencia de ADN de fungos e filoxenética de fungos da familia Russulaceae. Tamén é socio do Grupo Micolóxico Galego.
  • Hugo Fernández Ricón en representación de MycoGalicia Plantae. Foi o encargado de realizar a Exposición Micolóxica Dixital que acolle este evento. A súa paixón pola fotografía micolóxica e de natureza pode ser seguida nas súas redes sociais (Gylgamere en Instagram). Dende o ano 2016 posúe varias publicacións nas mellores revistas galegas entre o que destacan estudos de produtividade e catalogación micolóxica. Tamén é socio do Grupo Micolóxico Galego.

Xurado do concurso de relatos

  • Gabriel Pérez Torrón en representación do Grupo Micolóxico Galego Luís Freire. Desde fai varios anos realizou varios traballos de xestión e divulgación micoloxía de maneira continuada entre o que destaca a Senda Micolóxica do Monte da Picaraña. Dende o ano 2016 posúe varias publicacións nas mellores revistas galegas entre o que destacan estudos de xestión, coroloxía e catalogación micolóxica.
  • María Cabaleiro en representación do Laboratorio de Micoloxía da Universidade de Vigo. É autora e ilustradora do conxunto de libros A miña primeira guía micoloxica. Actualmente está realizando a súa tese doutoral sobre Etnomicoloxía do Noroeste Peninsular no Laboratorio de Micoloxía da Universidade de Vigo baixo a dirección da doutora Marisa Castro. Tamén é socia do Grupo Micolóxico Galego.
  • Hugo Fernández Ricón en representación de MycoGalicia Plantae. Foi o encargado de realizar a Exposición Micolóxica Dixital que acolle este evento. Dende o ano 2016 posúe varias publicacións nas mellores revistas galegas entre o que destacan estudos de produtividade e catalogación micolóxica. Tamén é socio do Grupo Micolóxico Galego