Na nosa próxima charla do Ciclo Ciencia na casa poderás descubrir máis sobre a importancia da biodiversidade e a súa implicación na saúde dos ecosistemas. Falaremos de diversidade biolóxica, diversidade xenética e a implicación e efectos dos sistemas forestais e agrícolas para o mantemento da mesma.
Ciencia na casa
O ciclo ciencia na casa é un conxunto de charlas abertas que realizamos durante os meses de Abril, Maio e Xuño. Queremos seguir ofertando contidos científicos para a poboación, polo que continuaremos realizando charla nas que falaremos de diferentes aspectos da micoloxía e da botánica.
Podes consultar todos os videos do ciclo de charlas Ciencia na Casa dende o seguinte enlace
Esta é a nosa forma de ofrecer contidos científicos en aberto para toda a poboación. Na nosa canle de Youtube poderás ver todas as charlas de Ciencia na Casa que te perdiches ou ben volver a reproducir os mellores fragmentos. Presta atención ao noso blog e as nosas redes socias para saber cando realizaremos novas emisión en directo.