Como ben sabedes con motivo da XXXVIII Semana Micolóxica Galega que se celebrou nos últimos días dende MycoGalicia Plantae, en colaboración co Grupo Micolóxico Galego e o Laboratorio de Micoloxía da Universidade de Vigo queriamos facer chegar unha experiencia micolóxica completa, con charlas, mesas redondas, concursos e exposicións. O que moitos non sabiades era que tiñamos entre as mans un proxecto que nos gustaría que se convertese en algo que dure a largo prazo.
Todos os anuncios que estean relacionados coas actividades do evento poderedes seguir consultandoos na sección de noticias que abrimos na páxina do evento, pero o que si vos queremos facer chegar é a situación na que se atopa exposición micolóxica dixital que agora ten indicios de convertese nunha exposición permantente, na que todo o mundo poida achegarse aos fungos macromicetos.
Descubre a continuación de cal é a orixe desta mostra de cogomelos, cantos fungos macromicetos compoñen esta exposición e que contidos se ampliarán nun futuro.
A nosa visión sobre as exposicións micolóxicas
Dende o ano 2018, en MycoGalicia Plantae seguimos unhas pautas para facer que as nosas actividades de divulgación micolóxica poidan realizarse dunha maneira sostible.
Aínda que xa levabamos varios anos realizando actividades cun impacto máis limitado no medio non queríamos que o noso afán por divulgar os fungos macromicetes puidese estragar o recurso micolóxico das áreas que visitábamos.
Isto adquire máis relevancia cando o cambio climático global e os incendios forestais son tan perniciosos para a conservación da diversidade micolóxica.
Un dos nosos maiores cambios atópase nas exposicións micolóxicas, nas que comezamos a reducir o número de exemplares frescos que expoñemos apostando por empregar outro tipo de presentación que poida permanecer no tempo e que reduza o seu impacto no medio na medida do posible.
Como é lóxico ás exposicións dixitais eran unha das ferramentas que iamos probar antes ou despois pero o que nos sorprendeu foi ver que era posible propoñelas como unha ferramenta de aprendizaxe para moitas máis persoas e durante moito máis tempo.
Partes da mostra de cogomelos
Durante a XXXVIII Semana Micolóxica Galega queríamos que desfrutásedes da experiencia de ver como se ían incluíndo novidades e actualizacións á exposición dixital. Era o noso modo de facervos vivir máis a contorna dixital que nos tocaba vivir.
Comezamos a exposición o luns 16 de novembro cunha galería fotográfica simple de 40 cogomelos tomados da Exposición Micolóxica da Facultade de Ciencias Experimentais. Isto é o deseño máis común que se adoita empregar nas exposicións dixitais micolóxicas e a partir do cal queríamos crecer.
Tras isto o martes 17 de novembro incluímos un vídeo de presentación que guiaba a navegación arredor de varios cogomelos da mostra e incluímos navegación para facer máis doada a visualización da galería.
O mércores 18 incluímos a primeira ferramenta para interactuar coas imaxes que só esta dispoñible para ordenadores. Tratase dunha ferramenta de aumento de maneira que sexa posible ampliar as imaxes dos cogomelos coma se fosen unha lupa. Isto permite ver nalgúns exemplares detalles que son difíciles de apreciar nalgunhas exposicións en fresco.
Como non podía ser de outro xeito, o xoves 19 decidimos ampliar un pouco a información dispoñible sobre cada taxon incluíndo a clasificación actualizada segundo Index Fungorum e outros datos de interese como os nomes populares, o hábitat ou a frenoloxía.
O remate das grandes actualizacións que tiñamos en mente chegaría o venres 20. Como xa vos comentamos a nosa idea era incluír unha ferramenta de dinamización dos exemplares incluídos na exposición. Para isto realizamos un pequeno xogo para descubrir os caracteres que posúe o cogomelo, baseandonos no tipo de himenio.
Como vedes durante toda a semana puido vivir moitos cambios na exposición pero cando vos dixemos que contorna dixital ten como punto bo a posibilidade de incluír actualizacións non nos referiamos a que se foran terminar con esta semana micolóxica.Accede á exposición
Próximas actualizacións e outras actividades
O primeiro que temos que dicir e que aínda que o programa formal da XXXVIII Semana Micolóxica Galega xa rematou non nos queremos despedir sen facer o noso tradicional percorrido pola exposición, que neste caso será dixital.
Por iso hoxe Sábado 21 e mañá Domingo 22 ás 20:00 faremos un percorrido en Directo pola exposición e aproveitaremos para falar un pouco doutra das nosas ferramentas dixitais, a aplicación Mycokey Galicia App.
A dinámica seguirá o visto nos Talleres Mycokey Galicia nos que explicamos o uso desta ferramenta aínda que nesta ocasión falaremos de aspectos máis xerais e dos contidos desta exposición. Estas actividades serán accesibles a través dunha ligazón que enviaremos a todos os inscritos na Semana Micolóxica Galega e abriranse posteriormente ao público xeral.
A partir de agora as actualizacións que se inclúan serán mais irregulares. Como actividades xerais: incluiremos, na medida do posible, novos exemplares a exposición, valoraremos engadir novos datos de interese das especies, ampliaremos os contidos do xogo dos caracteres que posúe cada cogomelo e seguiremos revisando de vez en cando as clasificacións taxonómicas dos exemplares que temos incluidos.
Isto serían os cambios menores dos que vos avisaremos de cando en vez pero tamén temos na cabeza outras posibilidades para incrementar o interese nesta exposición micolóxica dixital.
Se queres recibir todas as novidades que se poduzan con respecto á nosa Exposición Micolóxica Dixital subscríbete ao noso boletín. Recibirar os novos avisos sobre esta outras actividades que están por vir.
Para rematar a todos aqueles que vos dediquedes a ensinanza ou que realicedes divulgación micolóxica gustaríanos que nos fixesedes chegar calquera suxestión ou idea que vos gustaría que incluísemos na exposición. Moitas grazas por axudarnos a mellorar!