O pasado mércores 28 de outrubro fixemos a primeira titoría e a presentación do Obradoiro Micoloxía na rede para todos os nosos Alumnos. Grazas ao apoio que tivo este obradoiro engadir novos contidos do mesmo. Tamén decidimos ampliar a inscrición ata o vindeiro Mércores 4 de novembro polo que se tiñas dubidas de como ia funcionar este obradoiro dixital neste video tomado da sesión de onte explicamos todo o funcionamento.
Que é Micoloxía na rede?
Micoloxía na rede é un obradoiro dixital que se centra en que os asistentes aprendan conceptos teóricos sobre Micoloxía e empreguen diferentes ferramentas para a identificación de cogomelos.
O obradoiro contará sesión maxistrais impartidas por videoconferencia e está deseñado para que os alumnos poidan aprender a identificar cogomelos a distancia, empregando láminas de traballo e debates no foro.
A resolución das sesións prácticas e ás dúbidas das sesión teóricas serán resoltas nas titorías grupais que terán lugar cada 2 semanas.
Unidades didacticas
As unidades didácticas son contido teórico no que se alternan presentacións en vídeo e cuestións a resolver estas charlas forman o eixo temático das tres unidades coas que conta o obradoiro dixital Micoloxía na rede.
- Unidade 0. Introdución
- Unidade 1. Introdución á identificación de cogomelos.
- Unidade 2. Bioloxía e ecoloxía dos fungo.
- Unidade 3. Micetismos – Intoxicacións producidas por cogomelos.
Sesións teóricas
As sesións teóricas é contido teórico en vídeo independente e máis curto que as unidades didácticas. Cada sesión teórica disporá do seu propio cuestionario para avaliar a comprensión dos contidos.
- As zarrotas e cogomelos semellantes.
- As cantarelas, trompetas e cogomelos e semellantes.
- Os níscalos e cogomelos semellantes.
- Os boletus e cogomelos semellantes.
- As amanitas e cogomelos semellantes.
- Outras especies de cogomelos de interese.
- Nutracéutica e introdución á micogastronomía.
Sesións prácticas
Para reforzar a elaboración de descricións e identificación de especies fúnxicas o obradoiro inclúe contido práctico no que se desenvolveran descricións e láminas de traballo nas que se inclúen imaxes de todas as estruturas do cogomelo. As unidades prácticas estarán compostas por láminas de traballo coas que afondar en aspectos como a identificación ou a elaboración de descricións dos cogomelos.
- Introdución á identificación de cogomelos.
- Elaboración de descricións.
- Os xéneros Lactarius e Russula.
- Os xénero Macrolepiota e afíns.
- Os xénero Amanita e afíns
- Os xénero Agaricus e afíns.
- Os xéneros Clitocybe e Hebeloma e afíns.
- Os gasterais.
- O xénero Boletus e afíns.
- O xénero Cantharelus e afíns.
Titorías grupais
A titotización grupal que terá lugar cada dúas semanas. Nesta sesións resolveremos o contido das seccións práctica e resolveremos as dubidas que puidesen quedar sobre as sesións teóricas. Recomendámosvos asistir a estas sesións aínda que estarán dispoñibles para todos aqueles que non poidan asistir.
- Titoría grupal 1. Presentación do obradoiro e Unidade 0 (28 de outubro de 18:30h a 20:00h)
- Titoría grupal 2. Presentación da Unidade 1 (11 de novembro de 18:30h a 20:00h)
- Titoría grupal 3. Presentación da Unidade 2 (25 de novembro de 18:30h a 20:00h)
- Titoría grupal 4. Presentación da Unidade 3 (9 de decembro de 18:30h a 20:00h)
Sesión en directo
Grazas ao apoio que tivo esta edición do obradoiro Micoloxía na rede decidimos ampliar as sesión teóricas en directo con tres sesións que complementan o contido deste obradoiro.
- Elaboración de descricións (4 de novembro de 19:00h a 20:00h)
- Apaña de cogomelos en Galicia (18 de novembro de 19:00h a 20:00h)
- Micoloxía. Quen é quen? (2 de decembro de 19:00h a 20:00h)
Inscricións ao obradoiro dixital
O obradoiro Micoloxía na rede dará comezo o proximo Mércores 28 de Outubro. Os Mércores de 18:30h a 20:00h terán lugar as titorias grupais. DATAS: 28 de outubro. 11, e 25 de novembro. 9 de decembro 2020.
Poderedes inscribirvos na nosa páxina web ata o mércores 4 de novembro.