Xa pechamos as inscricións aos Obradoiros de Identificación de Cogomelos que desenvolvemos en colaboración con Extensión Universitaria da Universidade de Vigo e este ano no Campus de Vigo foron todo un éxito. Sabemos que varias persoas non se puideron inscribir, por iso queremos darvos unha nova oportunidade.
Moitos de vos nos pregustastes se era posible acceder as sesións dixitais dos obradoiros de extensión e temos a sorte de poder anunciar que este ano imos a abrir a terceira edición do obradoiro Micoloxía na rede.
Descobre este obradoiro dixital e todas as novidades que se van incluír nesta edición.
Dende o campo cara ao o mundo dixital
Quen non coñezan o obradoiro Micoloxía na rede poden pensar que é un pouco difícil identificar cogomelos a distancia. Dende o ano 2016 levamos realizando obradoiros de identificación nos que empregamos metodoloxías moi diversas como o uso de exemplares frescos, fichas de traballo ou xogos.
Todo este contido que levamos desenvolvendo dende fai máis de 4 anos levounos a realizar por primeira vez un obradoiro semipresencial o ano pasado cuxos contidos dixitais foron valorados moi positivamente polos participantes. Esta proba piloto serviunos como punto de partida para dúas edicións do noso obradoiro dixital de identificación de cogomelos: Micoloxía na rede.
Durante o obradoiro empregaremos a aplicación MycoKey Galicia polo que todos os que sigades o Taller Mycokey Galicia xa coñeceredes unha das nosas ferramentas principais.
Teoría, práctica e titorización
Nesta edición o obradoiro Micoloxía na rede está composto de tres piares: seccións teóricas, seccións prácticas e titorización grupal. Durante as seccións teóricas explicaremos como apañar e transportar os cogomelos e trataremos diversos temas relacionados co coñecemento sobre os cogomelos (macromicoloxía) que se poden resumir nas seguintes sesións teóricas:
- Introdución á macromicoloxía.
- Manexo de claves de identificación.
- Zarrotas e cogomelos semellantes.
- Cantarelos, trompetas e cogomelos e semellantes.
- Níscalos e cogomelos semellantes.
- Boletus e cogomelos semellantes.
- Amanitas e cogomelos semellantes.
- Outras especies de cogomelos de interese.
- Micetismos e o seu tratamento.
- Nutracéutica e introdución á micogastronomía.
Un dos piares fundamentais serán as seccións prácticas compostas de láminas de traballo e debates. Aqueles que sigades o Taller Mycokey Galicia podedes ter unha idea de cal será a dinámica de traballo. Empregaremos fichas de identificación similares as vistas neste taller pero tamén falaremos sobre temas moi importantes para a identificación e aprenderemos a facer unha descrición dun cogomelo. Isto complementado cos debates permitiranos afondar máis nos contidos teóricos.
Todo isto compleméntase coa titotización grupal que terá lugar cada dúas semanas. Nesta sesións resolveremos o contido das seccións práctica e resolveremos as dubidas que puidesen quedar sobre as sesións teóricas. Recomendámosvos asistir a estas sesións aínda que estarán dispoñibles para todos aqueles que non poidan asistir.
Inscricións ao obradoiro dixital
O obradoiro Micoloxía na rede dará comezo o proximo Mércores 28 de Outubro. Os Mércores de 18:30h a 20:00h terán lugar as titorias grupais. DATAS: 28 de outubro. 11, e 25 de novembro. 9 de decembro 2020.
Poderedes inscribirvos na nosa páxina web dende o Martes 13 de outubro ata o martes 27 de outubro.