En Mycogalicia Plantae temos un mal costume, cada certo tempo facemos enquisas aos participantes de todas as nosas actividades.
Hai quen di que ás enquisas de avaliación non serven de nada xa que se adoitan cubrir como un mero tramite máis. Por iso nos só facemos enquisas nas que podedes estendervos todo o que queirades. Loxicamente non pode faltar a pregunta típica para a análise de calidade pero creemos que o primeiro paso para mellorar e coñecer a vosa opinión, e non vos poñemos trabas.
Nesta ocasión tócalle a quenda ás sesións do taller Mycokey Galicia, e claro, ao ser unha actividade en aberto é algo máis complexo facervos chegar a enquisa de xeito individualizado. Agradeceríamos que cubrísedes esta enquisa mellorar esta actividade de cara a futuras sesións.
Aínda que poida parecer algo menor nas nosas catro últimas sesións superamos a cifra dos 30 participantes e na sesión máis vistas chegamos a máis de 150 persoas. Estamos moi agradecidos polo apoio e queremos seguir mellorando xuntos.
Talleres Mycokey Galicia
Nestas sesións en aberto explicamos cal é a metodoloxía que se emprega para identificar cogomelos. Descubre máis acerca dos cogomelos e aprende a usar a nosa aplicación Mycokey Galicia.
Recorda que podes descargar gratis un ebook 📚 para aproveitar ao máximo estes Talleres dende 👉 AQUÍ
Esta é a nosa forma de ofrecer contidos científicos en aberto para toda a poboación. Na nosa canle de Youtube poderás ver todas as sesións dos Talleres Mycokey Galicia que te perdiches. Presta atención ao noso blog e as nosas redes socias para saber cando realizaremos novas emisións en directo.
Podes consultar todos os vídeos do Taller Mycokey Galicia dende o seguinte enlace