Durante as pasadas sesións dos Taller Mycokey Galicia falamos dalgúns falsos mitos que se empregan como regras xerais para describir os cogomelos comestibles. Tamén falamos das precaucións que hai que ter á hora identificar cogomelos ou de empregar ferramentas para a identificación de cogomelos. Pero para sorpresa de moitos nesta ocasión falaremos de 3 caracteres que deben posuír os cogomelos comestibles.
Como en todas as nosas sesións, resolveremos a ultima ficha que vos propuxemos e traeremos novas actividades para realizar.
Talleres Mycokey Galicia
Nestas sesións en aberto explicamos cal é a metodoloxía que se emprega para identificar cogomelos. Descubre máis acerca dos cogomelos e aprende a usar a nosa aplicación Mycokey Galicia.
Recorda que podes descargar gratis un ebook 📚 para aproveitar ao máximo estes Talleres dende 👉 AQUÍ
Esta é a nosa forma de ofrecer contidos científicos en aberto para toda a poboación. Na nosa canle de Youtube poderás ver todas as sesións dos Talleres Mycokey Galicia que te perdiches. Presta atención ao noso blog e as nosas redes socias para saber cando realizaremos novas emisións en directo.
Podes consultar todos os vídeos do Taller Mycokey Galicia dende o seguinte enlace