MycoGalicia Plantae está a piques de cumprir 3 anos e tras todo o que nos tocou vivir cremos que é o momento de estar máis preto que nunca da contorna dixital. Por iso decidimos cambiar a nosa páxina web para facela máis accesible e próxima.
Este cambio está pensado para que vós tamén esteades o máis preto posible de nós e que no futuro poidamos xerar novas vías de comunicación dentro deste mundo dixital.
Este cambio non é só un cambio de imaxe senón un cambio na forma que temos para estar preto de vós. Desde os nosos inicios creamos unha comunidade interesada na micoloxía e o medio ambiente e queremos achegarnos máis e facer desta páxina web un lugar onde manter a comunicación pero sen esquecernos do que fixemos ata o momento.
Nesta nova páxina web hai novas seccións, novas funcións e outras sorpresas que aínda están por chegar pero que a contorna que creamos permítenos acelerar a maneira de introducilas. Descobre a continuación cales son as novidades desta páxina web.
Cales son as novas seccións
Aínda que non temos contido íntegro deseñado para esta nova etapa, queríamos amosarvos un bosquexo do que está por chegar. Por iso as actividades que fixemos no último ano están recollidas nesta páxina web que a grades rasgos poden agruparse en seccións, dirixidas a cumprir certos obxectivos con todos vós.
- Acerca de nós: nesta sección poderedes descubrir máis acerca de nós. Cales son as nosas motivacións e os nosos valores. Aínda que para nos o máis importante é que poidades coñecer máis sobre o equipo humano que conforma MycoGalicia Plantae. Agora podedes acceder a información sobre os nosos membros e os nosos colaboradores, todo o equipo humano que busca solucións aos problemas dos nosos clientes baseadas no coñecemento científico e que nos axudan a trasladar a ciencia a todos os públicos.
- Servizos: para amosarvos todos os nosos servizos dun xeito máis directo estamos a facer cambios na forma de presentarlos. Queremos que poidades coñecer cales son as tarefas que estamos a desenvolver ano tras ano e dar máis visibilidade aos nosos proxectos.
- Blog: é unha das grandes novidades que impulsa o desenvolvemento desta nova web. No blog falaremos das novidades da nosa empresa, dende as actividades que imos desenvolver ata as nosas aparicións en prensa. Sen embargo, tamén queremos traervos novos contidos de calidade, polo que ademais de incluír todas as actividades en aberto que desenvolvemos na nosa canle de Youtube, imos traervos lecturas que poidan ser do voso interese e que vos axuden a ampliar máis o voso coñecemento en micoloxía, botánica e sobre o medio ambiente.
- Tenda: sabedes que na nosa aposta pola educación ambiental queremos xerar contido único que sexa de interés para todos os públicos. Esta é a nosa forma de seguir aportando contido novedoso que axude a dar a coñecer máis sobre a micoloxía, a botánica e os recursos naturais.
- Contacto: queremos que sexa moito máis fácil a forma de contactar con nós, por iso, ademais de seguir dispoñibles en todas as nosas redes sociais, agora tamén podedes contactarnos dun xeito directo a traves do noso formulario. Esperamos que esta sexa unha das primeiras formas que temos de manter un contacto máis estreito e que sexa posible que no futuro se engadan novas vías de comunicación.
Usabilidade e privacidade
Un dos principais retos á hora de afrontar o novo deseño da páxina web foi a mellora da navegación por parte do usuario sen renunciar ás vantaxes de velocidade e seguridade que nos achegaba o deseño anterior.
Implementar unha mellora da navegación á vez que se incluía unha vía de comunicación a través do blog foi unha tarefa complexa, pero da que aprendemos que para mellorar a vosa experiencia necesitamos propornos obxectivos e conseguir resultados.
Para isto, incluímos ferramentas de análise deste novo sitio web a través de cookies. Como é lóxico, esta implementación é acorde á GDPR da unión europea, polo que a aceptación das mesmas queda nas vosas mans aínda que nos son de utilidade para seguir mellorando a nosa web.
En canto á usabilidade cremos conveniente, en primeiro lugar, mellorar a lexibilidade da páxina web, adaptando o tipo de letra a unha que se adapte á nosa imaxe corporativa. Para a captación de novos clientes, engadimos un novo formato de formularios, estética e funcionalidades.
Interacción mellorada en dispositivos móbiles
Sabemos que a maioría das consultas que se realizan hoxe en día nas páxinas web fanse a través de dispositivos móbiles. Debido a isto, o novo deseño mantén a estética adaptable que xa posuía a anterior páxina web pero inclúe funcions especiais para dispositivos móbiles que facilitan a interacción por parte do usuario.
En primeiro lugar decidimos implementar un sistema de chamadas á acción para as nosas entradas no blog, de forma que aquelas persoas que estean interesadas no contido dunha das nosas entradas poidan interaccionar connosco dunha forma máis sinxela. Un exemplo son as entradas aos vídeos en aberto de Youtube, que facilitan que aquelas persoas interesadas no devandito contido poidan subscribirse á nosa canle.
Outra das implantacións máis destacadas é a inclusión dun menú circular deseñado exclusivamente para dispositivos móbiles de forma que sexa posible desprazarse por todo o menú pulsando no botón situado xusto na posición do polgar. Esperamos que esta aposta polo inmediato fronte ao habitual sexa de voso agrado e que vos acosumedes pronto a esta forma de navegar.
Estas melloras son o inicio de moitas que están por chegar. Esperamos que gocedes da navegación e que nos fagades chegar todas as vosas suxestións.