Froitos do monte: Castañas e Cogomelos

Nesta charla falaremos de moitos aspectos realacionados cos castiñeros: as súas variedades, os métodos de selección e alguns dos seus patoxenos. Tamén nos aproximaremos aos cogomelos que se asocian aos castiñeiros e a metodoloxías de micorrización que se poidan asociar a este conxunto de arbores.

Ciencia na casa

O ciclo ciencia na casa é un conxunto de charlas abertas que estamos realizando durante os meses de Abril, Maio e Xuño. Co fin de ofertar contidos científicos para a poboación, todos os Venres realizamos unha charla falando sobre diferentes aspectos da micoloxía e da botánica. Fagamos desta crise unha oportunidade de aprender.

Podes consultar todos os videos do ciclo de charlas Ciencia na Casa dende o seguinte enlace

Esta é a nosa forma de ofrecer contidos científicos en aberto para toda a poboación. Na nosa canle de Youtube poderás ver todas as charlas de Ciencia na Casa que te perdiches ou ben volver a reproducir os mellores fragmentos. Presta atención ao noso blog e as nosas redes socias para saber cando realizaremos novas emisión en directo.