Mesa redonda sobre divulgación micolóxica

O venres 20 de novembro tivo lugar a mesa redonda sobre divulgación micoloxica á que puideron asitir todos os participantes da XXXVIII Semana Micolóxica Galega dende ás 20:00 ata ás 22:00. Este mesa redondoa serviu como peche formal do evento e tivemos a oportunidade de escoitar a catro persoas que dedicaron moitos anos da súa vida a Divulgación Micolóxica nunha mesa moderada pola doutora Marisa Castro, considerada xunto a Luís Freire os pais da micoloxía en Galicia. Este domingo 22 de novembro a partir das 12:00 estará dispoñible este relatorio para todos os públicos. Recordade que podedes facerlle chegar as vosas consultas deixando os vosos comentarios no vídeo.

Sobre os participantes

O doutor Floro Andrés Rodríguez é un dos patriarcas do Grupo Micolóxico Galego. Farmacéutico de prestixio tanto na cidade de Vigo como no resto da Comunidade, unha vez que é numerario da Real Academia de Farmacia de Galicia. Realizou a súa tese doutoral sobre historia da farmacia. Desde os seus tempos mozos na Sociedade Micolóxica de Madrid, da man de autoridades como Gabriel Moreno ou Paco Calonge comezou a súa andaina de coñecemento, investigación e bo facer no estudio de cogomelos.

O doutor Julián Alonso é licenciado en Veterinaria e doutor en Ciencias Biolóxicas pola USC especializado en micoloxía e toxicoloxía. É presidente e socio fundador da Sociedade Micolóxica Lucus. Leva máis de 25 anos realizando cursos, xornadas e conferencias sobre micoloxía ademais de formar parte de varios proxectos para dinamización das investigacións que realiza nos eidos da micoloxía.

María Cabaleiro é socia fundadora de MycoGalica Plantae, spin off xurdida do Laboratorio de Micoloxía da Universidade de Vigo. É autora e ilustradora do conxunto de libros A miña primeira guía micolóxica. Actualmente está realizando a súa tese doutoral sobre Etnomicoloxía do Noroeste Peninsular no Laboratorio de Micoloxía da Universidade de Vigo baixo a dirección da doutora Marisa Castro.

Alejandro Mínguez é dende xoven un naturalista e micofilo apaixonado no mundo dos cogomelos. Ten no seu haber varios libros de micoloxía como: Nove ducias de cogomelos de Ourense, Setas medicinales ou o máis recente En el país de la setas. Tamén participou en varias xornadas e proxectos de dinamización micolóxica como o Plan C unha sala micolóxica onde auna a micogastronomía e a divulgación micolóxica.