Nas últimas semanas foron publicadas na prensa varias noticias que se facían eco dunha investigación realizada na Universidade de Valladolid relativas á micorrización de raíces en cistáceas (carpazas) con Boletus edulis, sen indicar o xénero ou a especie da planta, nin a cantidade obtida. Por iso desde MycoGalicia Plantae S.L. pensamos que é importante clarificar algúns conceptos e feitos relacionados coa ecoloxía dos fungos, en especial, e cos micorrícicos, en particular.
As micorrizas foron descubertas, polo botánico alemán Frank en 1885, como fungos asociados aalgunhas árbores forestais. O termo, na actualidade, resulta máis complexo, porque se refire a diversostipos de fungos que se xuntan ás raíces de plantas establecendo unha relación de “amizade” na que ofungo ás axuda a captar auga e nutrientes do solo, a defender de certos parásitos edáficos (que vivenno solo), a mobilizar certos nutrientes… e elas aportan a materia orgánica que el precisa. De feito,hoxe en día sábese que ningunha planta pode ter unha vida longa se non ten asociados fungos e, aíndamáis, algunha, como certas orquídeas, nin sequera poden agromar se o fungo non se asocia xa coas sementes.
Pero, nalgúns casos as células fúnxicas viven no interior da raíz (vesículo-arbusculares ou endomicorrizas) e non producen cogomelos, e noutros, os filamentos (hifas do micelio) rodean a raízcomo un dedo dun guante (ectomicorrizas) e si conseguen producir cogomelos.
Non obstante, para que un fungo frutifique, para que dea cogomelos, é necesario controlar numerososfactores ecolóxicos relacionados tanto co tipo de fungo e de planta como da contorna. Relacionar omicelio coas raíces non resulta difícil no laboratorio cando se traballa con material de calidade e encondicións estériles; pero que iso chegue a dar cogomelos é fariña doutro costal.
No mundo micoforestal xa ningún investigador discute que hai especies de fungos que producen cogomelos cando establecen esta comunicación con árbores novas (comunidades fúnxicas pioneiras),e outros fano con árbores maduras (comunidades fúnxicas maduras), por exemplo un piñeiro ou uncastañeiro poden ser micorrizados de novos con bombas de tinguir (Pisolithus arhizus) e frutifican aocabo de pouco tempo (1-2 anos) abundantemente; pero para que existan andoas (Boletus grupo B. edulis) son necesarias árbores de maior idade e esperar un pouco máis de tempo. O éxito destasinvestigacións vallisoletanas baséase en que, ao parecer, arbustos do tipo das carpazas (Cistus, Helianthemum…), micorrizóxenos (afíns a moi diversos fungos) non só se asocian en laboratorio conmicelio de Boletus edulis, senón que ademais estes chegan a producir frutificacións (andoas).
Mais, precaución nas conclusións. A investigación corresponde a unha tese de doutoramento na queforon conseguidos resultados espectaculares, pero haberá que saber con que especie de carpaza foifeita a inoculación (inseminación) e se cando se leven micorrizadas masivamente ao campo funcionannunha alta porcentaxe. O proceso non é barato, así que para que poida ser utilizado debe darresultados e poderse repetir a experiencia de forma habitual, o que por agora non parece estarprobado.