Myxomycetes, un mundo por descubrir

O mercores 18 de novembro tivo lugar o relatorio de Oscar Requejo. Dende ás 20:00 ata ás 22:00 os participantes da XXXVIII Semana Micolóxica Galega puideron ver o preestreo deste relatorio na que nos achegou ao mundo dos “fungos mucilaxinosos”.

Neste relatorio falouse acerca dos Myxomycetes, un grupo de protozoos que tradicionalmente foron estudiados polos micólogos e que se inlcuian dentro do reino Fungi ata a sua inclusión no reino Protozoa no ano 2015. Este venres 20 de novembro a partir das 12:00 estará dispoñible este relatorio para todos os públicos. Recordade que podedes facerlle chegar as vosas consultas deixando os vosos comentarios no vídeo.

Sobre Oscar Requejo

Oscar Requejo é aficionado dende hai moitos anos aos cogomelos. Comezou a traballar en micoloxía a partir da súa unión ao Grupo Micolóxico Galego Luís Freire da man de Floro Andrés, do que foi secretario durante os últimos anos.

En tan solo 15 anos de traballo é autor de numerosas publicacións nas mellores revistas galegas como Mykes ou Micolucus, e españolas como o boletín FAMCAL ou o boletín da Sociedade Micolóxica de Madrid. Tamén é autor da guía micolóxica do río Caselas.

Entre todas as súas publicacións e destacable o traballo continuado na ZEC das Gándaras de Budiño onde realizou e sigue realizando unha exhaustiva mostraxe, do que parte mereceu ser aceptado para aceptar na revista guineana da Universidade do País Vasco onde só se acepta a publicación de Tesis Doutorais.