MycoGalicia Plantae (www.mycogalicia.es), socia do Clúster Tecnolóxico Empresarial das Ciencias da Vida (www.bioga.org) e ‘EBT’ (Empresa de Base Tecnolóxica) da Universidade de Vigo (www.uvigo.gal), acaba de lanzar unha APP para identificar os cogumelos e fungos dos bosques e prados de Galicia. Mycokey Galicia, de fácil uso para usuarios non especializados, é a primeira APP en galego para identificar estas especies.
MycoGalicia Plantae está empregando a APP con alumnos dos obradoiros e cursos que organiza. A aplicación móbil, que aínda está a ser desenvolvida, será lanzada ao público nas próximas semanas. Mycokey Galicia é unha aplicación para dispositivos Android coa que é posible identificar cogumelos e fungos a través de caracteres macroscópicos. A nova APP identifica cogumelos baseándose no emprego dunha clave dicotómica que inclúe máis de 400 especies e máis de 800 esquemas que ilustran os pasos a seguir na identificación, facendo especial fincapé nos caracteres morfolóxicos e ecolóxicos das diferentes especies. A ferramenta simplifica e axiliza o proceso de identificación dos cogumelos sobre o terreo.
Mycokey Galicia contén os cogumelos e fungos máis representativos do Noroeste peninsular. Os seus impulsores destacan que “a aplicación fai máis accesible o emprego das claves dicotómicas facilitando o seu uso por parte dos usuarios non especializados”. Andrés Cordeiro, socio fundador de MycoGalicia Plantae, destaca a utilizade da nova ferramenta. E lembra que “unha boa parte dos afeccionados a apañar setas no monte de Galicia, incentivados por moitos naturalistas e persoas sen formación técnica axeitada, fanno motivados polo uso gastronómico deste producto”. Ao seu xuizo, esta situación fai que “as identificacións de exemplares para o seu consumo e a formación que reciben os amantes dos cogumelos non preste suficiente atención ás correctas pautas para a identificación”. Andrés Cordeiro, neste contexto do mundo da micoloxía en Galicia, entende que Mycokey Galicia é unha ferramenta “útil, necesaria e imprescindible” para quen vai apañar cogumelos nos bosques e prados galegos. A ferramenta tamén axuda a coñecer a complexidade morfolóxica que posúen os fungos e cogumelos.
A diferencia doutras aplicacións dispoñibles no mercado, Mycokey Galicia non pretende ser un identificador de especies comestibles, senón unha ferramenta formativa. “A identificación realízase en bases a todos os caracteres que posúen os cogumelos e non a través dunha fotografía que pode só fixarse nunha zona concreta, estar mal tomada, presentar características alteradas o non incluír caracteres tan necesarios para a identificación como o cheiro, saber ou hábitat do fungo”, destaca Andrés Cordeiro.
Campo Galego: Lanzan unha aplicación móbil para identificar cogomelos no monte.
El progreso: Lanzan una aplicación móvil para recoger setas en Galicia con más seguridad.
El correo gallego: App viguesa para recoger setas en Galicia con más seguridad.
Diario de pontevedra: Lanzan una aplicación móvil para recoger setas en Galicia con más seguridad
Vigoe: Tecnoloxía viguesa para identificar cogomelos.
Galiciae: Lanzan unha app móbil para recoller cogomelos en Galicia con máis seguridade