MycoGalicia Plantae, ‘spin-off’ da Universidade de Vigo, impulsa a xornada ‘A outra cara do monte’

MycoGalicia Plantae (www.mycogalicia.es), socia do Clúster Tecnolóxico Empresarial das Ciencias da Vida de Galicia (www.bioga.org) e ‘spin-off’ da Universidade de Vigo (www.uvigo.gal), organiza e promove as xornadas ‘A outra cara do monte’, unha cita cos actores e protagonistas dos sector forestal galego que pretende avanzar nos aproveitamentos alternativos do bosque galego. A cita será os próximo días 18 e 19 de setembro de 2019 na Facultade de Bioloxía da Universidade de Vigo.

Coas xornadas ‘A outra cara do monte’ queremos demostrar que o bosque galego é un activo fundamental no desenvolvemento do campo galego e que pode xerar postos de traballo arredor de proxectos innovadores e viables como pode ser o aproveitamento do recurso micolóxico.

Páxina web das xornadas

Campo Galego: Xornadas ‘A outra cara do monte’ para abordar aproveitamentos alternativos

El Progreso: MycoGalicia Plantae impulsa a xornada ‘A outra cara do monte

Axenda Universidade de Vigo: Xornadas ‘A outra cara do monte’