Cando chega o outono unhas persoas van vendimar, outras cazar e, algunhas apañar cogomelos, poriso a nivel social óuvense conversas nas que se usan conceptos e frases que non son adecuados. Porexemplo, a maior parte das persoas consideran normal referirse ás perdices, aos paspallás, ás rolas,etc. polo seu nome e non polo nome xenérico de aves ou paxaros e, sen embargo cando se refiren aoscogomelos non consideran importante saber o que é unha cantarela, unha zarrota, un níscalo, uncoprino ou un champiñón. Non obstante, a confusión entre un ave e outra non provoca intoxicación algunha cando se consomé, nos cogomelos pode ser que si!
É tan absurdo dicir «imos comer cogomelos» como diante dunha deliciosa ensalada composta porvarios vexetais se dixera «imos comer herbas» ou nas citadas perdices, «imos comer animais».
Outra palabra mal utilizada e mal interpretada é a de «micólogo» para referirse a unha persoa, máis oumenos experta no coñecemento de cogomelos, tanto por diferenciar comestibles e tóxicos como porsaber cultivar os mesmos. Grave erro.
É como se a un bebedor de viño o consideramos enólogo, porque sabe diferenciar un bon dun malviño ou chamamos zoólogo, a un cazador por distinguir unha rola dunha perdiz ou ecólogo ao que llegusta a natureza e a defende. No primeiro caso é un enófilo, no segundo, un cazador e no terceiro, unecoloxista ou naturalista. No caso dos cogomelos pode ser un micófago ou micocultor,respectivamente.
Os vocablos que acaban en “logo” como micólogo, zoólogo, biólogo, enólogo, … refírense aprofesionais en determinadas áreas de coñecemento. A micoloxía é uma ciencia que comprende eestuda mais temas que a identificación e o cultivo dos cogomelos; a enoloxía trata de todo o procesode elaboración dos viños, a zooloxía estuda os animais e non só identifica especies e, a bioloxía, estáreferida a innumerables campos como a micoloxía e a zooloxía, pero tamén á microbioloxía, ábotánica, á inmunoloxía, á xenética…
Os micólogos, enólogos, zoólogos, biólogos… formáronse nas universidades co fin de capacitarsepara exercer esas profesións, son enxeñeiros, licenciados ou graduados, especializados neses temas, eos investigadores profesionais teñen a titulación de doutor. É dicir, realizaron carreiras superiores paraestar capacitados profesionalmente e non só leran e/ou usaran algunha cousa en traballos e medios,máis ou menos especializados.