Aínda que estamos en época de cambios, había unha cousa tiña que seguir adiante. Este ano volvemos a realizar os Obradoiros de Identificación de Cogomelos que desenvolvemos en colaboración con Extensión Universitaria da Universidade de Vigo. Como todos os anos tiñamos que engadir novidades para que todos os alumnos desfrutedes destes obradoiros que tanto vos gustan.
Descobre a continuación todas as novidades que se van incluír nesta nova tempada.
Imos ao campo con seguridade
O primeiro que non podemos esquecer nestas datas é a seguridade. Por iso nesta ocasión reducimos o número máximo de participantes a 20. Deste xeito é posible fragmentar aos participantes en 2 grupos máis reducidos que se manterán ao longo do obradoiro.
Durante a realización do obradoiro o uso de máscara será obrigatorio e traballaremos de xeito máis dinámico reducindo as interaccións entre os participantes que se producían nas anteriores edicións. Queremos traballar do mellor xeito posible con todos vós pero garantido en todo momento a seguridade.
Outro dos cambios que realizaremos este ano é a docencia teórica en modalidade telemática. Esta é unha maneira de garantir que os contidos doutros anos segan presentes, adaptándonos ás diversas situacións dos campus nos que se impartirán.
Por iso a nosa plataforma de ensinanza virtual xogará un papel fundamental á hora de ampliar os contidos dos obradoiros.
Apoio nas nosas plataformas dixitais
Dentro das ferramentas dixitais que imos pór á vosa disposición atópase a plataforma de ensinanza virtual Enmaxe. Esta plataforma que comezamos a usar o ano pasado será un recurso importante cara a preparación do contido do obradoiro.
Nesta plataforma teredes a vosa disposición todo o contido teórico que vos imos impartir, dende as chaves dicotómicas ata ás nosas presentacións, pero ademais será o lugar onde realizaremos as presentacións de xeito telemático.
Queremos que os tres obradoiros poidan confluír nun mesmo lugar. Por iso a plataforma dixital incluirá a todos os docentes e alumnos dos tres campus. Isto permitirá que realicemos debates e interaccións que en grupos máis reducidos sería difícil concibir.
Por último, unha das ferramentas que imos empregar é a nosa aplicación MycoKey Galicia. Unha ferramenta para dispositivos móbiles que permite a identificación de máis de 400 cogomelos do noroeste peninsular.
Presenza nos tres campus
Por primeiro ano imos realizar este obradoiro nos tres campus (Vigo, Ourense e Pontevedra). Isto quere dicir que máis persoas van poder aprender a recoñecer e identificar especies de cogomelos dun xeito rigoroso. Durante o obradoiro explicaremos como apañar e transportar os cogomelos para súa identificación e trataremos diversos temas relacionados co coñecemento sobre os cogomelos (macromicoloxía) nas sesión teóricas.
Sesións teóricas:
- Introdución á macromicoloxía.
- Manexo de claves de identificación.
- Zarrotas e cogomelos semellantes.
- Cantarelos, trompetas e cogomelos e semellantes.
- Níscalos e cogomelos semellantes.
- Boletus e cogomelos semellantes.
- Amanitas e cogomelos semellantes.
- Outras especies de cogomelos de interese.
- Micetismos e o seu tratamento.
- Nutracéutica e introdución á micogastronomía.
Ademais de todo isto o obradoiro contará con saídas ao campo de maneira que sexa posible aprender todo o visto na teoría de forma práctica. Recomendamos consultar os horarios dos obradoiros de cada campus para verificar as datas das saídas de campo.
Cogomelos en Pontevedra
No Campus de Pontevedra as sesión terán lugar nun principio nos arredores da Escola de Enxeñaría Forestal todos os Mércores lectivos de 16:00h a 19:30h. DATAS: 7, 14, 21 e 28 de outubro. 4, 11, 18 e 25 de novembro. 2 de decembro 2020.
Poderedes inscribirvos na páxina web de extensión universitaria dende o Lúns 14 de setembro ás 09:00 ata o venres 25 de setembro ás 14:00. Ampliase o prazo de incrición ata o venres 2 de Outubro ás 14:00.
Inscricións pechadas
Cogomelos en Ourense
No Campus de Ourense as sesión terán lugar nos arredores da Facultade de Ciencias Experimentais todos os Xoves lectivos de 16:00 a 19:30. DATAS: 8, 15, 22 e 29 de outubro. 5, 12, 19 e 26 de Novembro. 3 de Decembro.
Poderedes inscribirvos na páxina web de extensión universitaria dende o Lúns 28 de setembro ás 00:00 ata o mércores 7 de outubro ás 23:59.
Inscricións pechadas
Cogomelos en Vigo
No Campus de Vigo as sesión terán lugar nos arredores da Facultade de Bioloxía todos os Martes lectivos de 16:00 a 19:30. DATAS: 13, 20 e 27 de outubro. 3, 10, 17 e 24 de Novembro. 1 e 15 de Decembro.
Poderedes inscribirvos na páxina web de extensión universitaria dende o Lúns 28 de setembro ás 00:00 ata o mércores 7 de outubro ás 23:59.
Inscricións pechadas