Este outono volvemos impartir os obradoiros de identificación de cogomelos ofertados pola Universidade de Vigo. Divídense en dúas modalidades:
- nivel I, un curso básico para aqueles interesados en iniciarse na identificación de cogomelos.
- nivel II, un curso para os que xa parten dunha base e estean interesados en ampliar os seus coñecementos.
Obradoiro nivel I
Neste curso introdutorio á macromicoloxía coñeceranse as características dos cogomelos necesarias na súa identificación. do mesmo xeito que se aprenderá a distinguir as principais especies tóxicas e as comestibles. Faranse saídas ao campo nas que se observará a gran diversidade de cogomelos no medio natural, podendo así apreciar a variedade de formas, cores e cheiros que nos brinda, e explicarase como apañalos seguindo a normativa vixente en Galicia.
Neste curso introdutorio á macromicoloxía coñeceranse as características dos cogomelos necesarias na súa identificación. Do mesmo xeito, aprenderase a distinguir as principais especies tóxicas e as comestibles. Faranse saídas ao campo nas que se observará a gran diversidade de cogomelos no medio natural, podendo así apreciar a variedade de formas, cores e cheiros que nos brinda, e explicarase como apañalos seguindo a normativa vixente en Galicia.
Ademais ensinarase a manexar as claves habitualmente empregadas na identificación de cogomelos e falarase dos grupos máis coñecidos de fungos. Tamén se mostrarán as diversas propiedades dos cogomelos, así como as múltiples aplicacións que nos proporciona o seu uso e coñecemento.
Impartiranse nos tres campus da Uvigo. A inscrición xa está aberta e pecharase o 6 de outubro.
Inscricións:
- Ourense – venres – 16:00 a 19:30 – do 14/10/22 ao 16/12/22 (20 prazas)
- Pontevedra – mércores – 16:00 a 19:00 – do 19/10/22 ao 22/12/22 (20 prazas)
- Vigo – martes – 16:00 a 19:30 – do 11/10/22 ao 20/12/22 (20 prazas)
Obradoiro nivel II
O curso abrangue un maior coñecemento da macromicoloxía, o que inclúe a comprensión de conceptos avanzados sobre os fungos e ampliar a capacidade de recoñecer e identificar especies de cogomelos.
Ao igual que no curso básico, faranse saídas ao campo onde se observará a variada diversidade fúnxica e identificaranse as especies recollidas seguindo claves, así mesmo ensinaranse os diferentes usos dos cogomelos. E, a maiores, aprenderase a diferenciar estruturas microscópicas dos fungos e a usar reactivos que se empregan na identificación de cogomelos.
Impartirase só no campus de Vigo co nome “Identificación de cogomelos nivel II”. A inscrición xa está aberta, contando cun total de 15 prazas, e pecharase o 6 de outubro.
Inscricións:
- Vigo – xoves – 16:00 a 19:30 – do 13/10/22 ao 22/12/22 (16 prazas)